O Concello celebra mañá no pavillón dos Escolapios de Monforte a xuntanza de palilleiras máis multitudinaria da provincia de Lugo, con máis de 400 participantes

Monforte de Lemos, 2 de setembro de 2022. O Concello de Monforte acolle mañá sábado 3 de setembro, unha completa xornada adicada á arte de palillar, baixo o nome de “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”.

Inicialmente, estaba previsto que o encontro tivera lugar na Explanada da Compañía, baixo carpas de grandes dimensións, debido á asistencia de máis de 400 palilleiras provintes de toda Galicia, Asturias e Castela e León.

Pero na mañá de hoxe, a empresa contratada polo Concello para a montaxe deste evento, Music Soft, comunicoulle ó Concello que a empresa que á súa vez contratou para a montaxe das carpas previstas non podía levar a cabo dita montaxe, debido a un accidente laboral de varios dos seus traballadores. A montaxe estaba previsto que se iniciara hoxe pola mañá pero debido a esta causa de forza maior, non puido ter lugar.

Entón, os responsables da empresa Music Soft, por causa de forza maior e co fin de non alterar a data de celebración do evento e de procurar unha ubicación alternativa próxima á explanada da Compañía, púxose en contacto coa dirección do Colexio dos Escolapios, para solicitarlle o uso do Pavillón polideportivo de dito colexio, e poder ubicar alí o evento previsto. Dende a dirección do Colexio aprobouse esta petición, algo que o Concello agradeceu, debido o contratempo acaecido.

Polo tanto, o que será a primeira gran xuntanza de palilleiras do sur da provincia de Lugo, terá lugar no Pavillón polideportivo dos Escolapios, con entrada polo campo de terra e será inaugurada polo Alcalde, José Tomé Roca, ás 12:00 h. A continuación, terá lugar a actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte.

Ademais dos postos destinados ás máis de 400 palilleiras que acudirán a este encontro, tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar, conformada por 9 tendas especializadas.

Este I Encontro de Palilleiras en Monforte é posible gracias ó traballo conxunto desenvolto polo Concello monfortino e pola Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar. Neste proxecto, traballouse dende o ano 2020, ano no que estaba ultimada a sía celebración que finalmente non foi posible celebrar pola incidencia da pandemia que obrigou a postpoñelo ata esta ano 2022.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, pola alta demanda de moitas palilleiras que pedían celebrar un encontro en Monforte. Do mesmo xeito, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia.

Dende o Concello agárdase que o encontro vai ser un éxito de participación y de público, e que ademais vai xerar un importante impacto económico na cidade.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro son Marín, Valga, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Ourense, Oleiros, Burela, Sarria, Silleda, Redondela, Porto do Son, Salvaterra de Miño, Lugo, Ponteareas, Vigo, Tui, Abegondo, Mos, Camariñas, Vimianzo, Viveiro, Burela, Xove, Valdoviño así como de Monforte de Lemos. Tamén virán palilleiras provintes de Castela e León e de Asturias.

 

Ubicación e programa de actividades

Para este Encontro, o Concello instalará diversos postos ubicados dentro do Pavillón polideportivo dos Escolapios, para que as participantes e as asociacións de palilleiras desenvolvan comodamente a súa arte de palillar e poidan amosar os seus traballos ó público asistente.

Tamén se ubicará outra zona comercial destinada a comerciantes provintes de toda Galicia que venderán exclusivamente produtos para palillar, e que soen estar presentes en todo este tipo de encontros. Este espazo estará conformado por un total de 9 tendas.

O Concello fará entrega dun agasallo ás mestras palilleiras que participarán no encontro, e dende a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra tamén se levou a cabo a elaboración dun detalle conmemorativo do encontro, que inclúe un encaixe de cores, que será entregado a cada participante.

Durante o desenvolvemento da xornada, celebrarase tamén un Obradoiro de Costura Creativa, en dúas sesións, ás 11:30 e ás 17:00 h, con 10 prazas por sesión, e no que poderán participar aqueles que o desexen a partir dos 12 anos de idade. A inscrición poderase realizar, de xeito gratuíto, 15 minutos antes do inicio de cada obradoiro, por orde de inscrición ata agotar as prazas.

 

O PROGRAMA do sábado día 3 de setembro será o seguinte:

Pavillón dos Escolapios (entrada polo campo de terra):

10:30 h.- Recepción das palilleiras

11.30-13.30 h.- Obradoiro de Costura Creativa

12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras a cargo do Sr. Alcalde de Monforte. A continuación, actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte de Lemos.

12:00 a 14:00 h.- Palillada

14:00 h.- Xantar

16:30 h.- Palillada e sorteo de agasallos

17.00-19.00 h.- Obradoiro de Costura Creativa

19:00 h.- Despedida