O Concello abre o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal-Circuítos de Artesanía e Música Galega da Praza de Abastos de Monforte

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2022.  O Concello de Monforte informa que ven de abrir hoxe o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os fins de semana 10 e 11, 17 e 18, 23 e 24 de decembro de 2022.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa de apoio e impulso ao sector artesanal, comercial e social dos produtos locais que, a través destes eventos, son unha oportunidade para dar a coñecer os seus produtos e empresas.

Os/as interesados/as en formar parte do Mercado de Nadal Circuítos de Artesanía e Música Galega terán que presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello de Monforte ou na sede electrónica, así como polo correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 5 de decembro 2022. Deberán sinalar se están interesados en participar en un, dous ou os tres fins de semana do mercado.

Ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño, para elo ambientarase o espazo dos Mercados da Praza no espírito propio destas datas para que o público asistente goce dunha experiencia e mercado navideño. En vindeiras datas, o Concello dará a coñecer o programa completo de actividades.

Este mercado é organizado polo Concello de Monforte ó abeiro do proxecto “Circuítos de artesanía e música galega”, que o concello pon en marcha có financiamento do programa Territorio Cultura “Campaña financiada pola Unión Europea NextGeneration”, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Bases Mercado Nadal 2022

Solicitude Mercado Nadal 2022