Monforte de Lemos, 24 de xullo de 2025. O Alcalde, José Tomé Roca, informa do desenvolvemento dos traballos de desbroce de vias, camiños, e demais superficies de titularidade municipal das parroquias de Monforte que se están levando a cabo dende o pasado día 2 de xuño.
“Nos últimos anos” explica o Alcalde, “comezamos as actuacións de desbroce nas parroquias dende principios de xuño, unhas datas moi adiantadas con respecto ós traballos que se plantexan dende outras Administracións, xa que a maleza medra moito nesta época, e o noso obxectivo é eliminala para poder facilitar a circulación de vehículos e de peóns polos camiños e entornos rurais, así como para que sexa moito máis doado poder acceder ás casas e ás fincas. En definitiva, o noso obxectivo é facilitar as boas comunicacións e a mobilidade das persoas no noso eido rural”.
“A previsión que se fixo dende o inicio da campaña de desbroces do Concello de Monforte tiña como obxectivo rematar todos os traballos de desbroce a principios do mes de agosto, dado que este é un mes onde normalmente recibimos un maior número de visitantes, e onde as temperaturas son mais altas e polo tanto, supón unha garantía na protección contra o risco de incendios”.
“Tal e como se están desenvolvendo os traballos, podemos afirmar que se están a facer a moi bo ritmo xa que das 26 parroquias que temos no Concello, restarían 3 por rematar de desbrozar completamente polo que tal e como estaba previsto, na primeira semana de agosto, os traballos de desbroce quedarán rematados nas 26 parroquias e nas superficies de titularidade municipal mais extensas do Concello a pesar das dificultades que se sufriron este ano por mor das altas temperaturas que se ”.
Desenvolvemento dos traballos de desbroce.
Os traballos de desbroce nas parroquias de Monforte abranguerán unha superficie total de actuación de 95 hectáreas de camiños de titularidade municipal.
Para o seu desenvolvemento, dende o Equipo de Goberno do Concello adxudicouse a contratación deste servizo por un importe de 43.997,80 euros, IVE incluído e cunha contratación bianual polo que a cada ano lle correspondería un total de 22.000 euros.
Os traballos que se están a desenvolver ó longo dos meses de xuño e xullo consisten na roza mecánica da maleza ata obter un galibo libre de 5 metros, por ámbalas dúas marxes das vías, camiños e superficies de titularidade municipal.
Para o desenvolvemento destas labores, vanse empregar 3 tractores agrícolas e forestais, que están compostos de desbrozadora lateral e arrastrada cos tres correspondentes operarios encargados da realización destes traballos.
Ademais, para reducir os prazos de finalización dos traballos mencionados en todas as áreas do Concello, paralelamente, reforzarase a realización destas tarefas, con traballos que está levando a cabo a empresa FCC concesionaria do servizo de limpeza viaria do Concello.
Dado que a previsión é que os traballos de desbroce rematen antes do inicio do mes de agosto, o desenvolvemento destes traballos polo persoal da empresa adxudicataria e persoal do Concello, desenvolveranse en xornadas de mañá e tarde, dado ademais que a superficie abarcada, 95 hectáreas, é superior á de outros anos.