1. Quen somos?
A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos é un recurso público integrado na rede galega de atención ás drogodependencias, dentro da concellería de sanidade do concello de Monforte de Lemos. O noso labor inclúe a prevención, tratamento e reinserción social de persoas afectadas por adiccións, así como a promoción de hábitos de vida saudables na comunidade.
2. Obxectivos Xerais da Prevención
• Reducir a incidencia de condutas adictivas entre a poboación.
• Fomentar factores de protección e reducir factores de risco.
• Promover estilos de vida saudables en contornas escolares, familiares e comunitarios.
• Sensibilizar e implicar á comunidade educativa e social.
3. Poboación destinataria
• Centros educativos (alumnado de Primaria e Secundaria).
• Familias e ANPA (Asociacións de Nais e Pais).
• Profesionais do ámbito educativo e social.
• Poboación xeral, especialmente novas e colectivos vulnerables.
4. Liñas de actuación (2025-2026)
a) Prevención Escolar
Programas de prevención universal:
- “FUMATAS” – impartido no 2º ciclo de primaria.
- “DÚBIDAS? Pregunta e infórmache (Alcol e tabaco)” – para ESO e BAC.
- “O CÁNNABIS. SÁBELO TODO?” – para ESO e BAC
- “CANDO APOSTAS, SEMPRE PERDES (Xogo patolóxico)” – para ESO e BAC
- “CONTROLAS OU TE CONTRÓLAN? (Uso problemático da internet e as Tic)” – para ESO e BAC
- Talleres sobre Educación afectivo-sexual, sobre SIDA, bulling,
- Cine-saúde (Dispoñemos dunha ampla videoteca, ao dispor de todo o profesorado, con películas coa súa correspondente Unidade Didáctica que desenvolven diferentes valores para traballar en titorías).
Intervencións en aula:
- Dinámicas grupais.
- Talleres de habilidades sociais e toma de decisión.
b) Prevención Familiar
• Escola de pais e nais.
• Boletín familiar editado mensualmente.
c) Prevención Comunitaria
- Campañas informativas en festas locais e eventos xuvenís.
- Coordinación con asociacións, concellos e servizos sociais.
- Participación na Rede Galega de Prevención.
- Programa radiofónico “A prevención na casa, a mellor axuda”.
d) Prevención Selectiva e Indicada
• Detección precoz de condutas de risco en coordinación con centros escolares e servizos sociais.
• Intervencións individualizadas con mozas en situación de vulnerabilidade.
e) Prevención ámbito laboral
- Programa “Ti sirves, ti decides” (Servizo responsable de alcol)
5. Colaboracións
• Centros educativos de Monforte e comarca.
• Servizos Sociais e OMIX.
• Policía Local / Garda Civil (programas de educación viaria e drogas)
• Asociacións.
6. Avaliación e seguimento
• Cuestionarios de satisfacción.
• Valoración do impacto por parte de alumnado e profesorado.
• Informes anuais de actividades e resultados.
7. Contacto
Se desexan obter máis información sobre todos estes programas estamos á súa disposición en:
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
SERVIZO DE PREVENCIÓN
Praza da Estación – 17
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Telf. - 982 400495
Correo electrónico: uad@concellodemonforte.com
Facebook: Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos
Persoa responsable: Luisa Astray García - Educadora Social