Actividades de Prevención de Condutas Adictivas Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) Monforte de Lemos Curso 2025-2026

1. Quen somos?

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos é un recurso público integrado na rede galega de atención ás drogodependencias, dentro da concellería de sanidade do concello de Monforte de Lemos. O noso labor inclúe a prevención, tratamento e reinserción social de persoas afectadas por adiccións, así como a promoción de hábitos de vida saudables na comunidade.

2. Obxectivos Xerais da Prevención

• Reducir a incidencia de condutas adictivas entre a poboación.

 • Fomentar factores de protección e reducir factores de risco.

• Promover estilos de vida saudables en contornas escolares, familiares e comunitarios.

 • Sensibilizar e implicar á comunidade educativa e social.

3. Poboación destinataria

• Centros educativos (alumnado de Primaria e Secundaria).

• Familias e ANPA (Asociacións de Nais e Pais).

 • Profesionais do ámbito educativo e social.

 • Poboación xeral, especialmente novas e colectivos vulnerables.

4. Liñas de actuación (2025-2026)

 a) Prevención Escolar

 Programas de prevención universal:

  • “FUMATAS” – impartido no 2º ciclo de primaria.
  • “DÚBIDAS? Pregunta e infórmache (Alcol e tabaco)” – para ESO e BAC.
  • “O CÁNNABIS. SÁBELO TODO?” – para ESO e BAC
  • “CANDO APOSTAS, SEMPRE PERDES (Xogo patolóxico)” – para ESO e BAC
  • “CONTROLAS OU TE CONTRÓLAN? (Uso problemático da internet e as Tic)” – para ESO e BAC
  • Talleres sobre Educación afectivo-sexual, sobre SIDA, bulling,
  • Cine-saúde (Dispoñemos dunha ampla videoteca, ao dispor de todo o profesorado, con películas coa súa correspondente Unidade Didáctica que desenvolven diferentes valores para traballar en titorías).

 Intervencións en aula:

  • Dinámicas grupais.
  • Talleres de habilidades sociais e toma de decisión.

b) Prevención Familiar

• Escola de pais e nais.

• Boletín familiar editado mensualmente.

 

c) Prevención Comunitaria

  • Campañas informativas en festas locais e eventos xuvenís.
  • Coordinación con asociacións, concellos e servizos sociais.
  • Participación na Rede Galega de Prevención.
  • Programa radiofónico “A prevención na casa, a mellor axuda”.

 

d) Prevención Selectiva e Indicada

• Detección precoz de condutas de risco en coordinación con centros escolares e servizos sociais.

• Intervencións individualizadas con mozas en situación de vulnerabilidade.

 

e) Prevención ámbito laboral

  • Programa “Ti sirves, ti decides” (Servizo responsable de alcol)

5. Colaboracións

 • Centros educativos de Monforte e comarca.

• Servizos Sociais e OMIX.

• Policía Local / Garda Civil (programas de educación viaria e drogas)

• Asociacións.

 

6. Avaliación e seguimento

• Cuestionarios de satisfacción.

• Valoración do impacto por parte de alumnado e profesorado.

• Informes anuais de actividades e resultados.

 

7.  Contacto

Se desexan obter máis información sobre todos estes programas estamos á súa disposición en:

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

SERVIZO DE PREVENCIÓN

Praza da Estación – 17

27400 Monforte de Lemos (Lugo)

Telf. - 982 400495

Correo electrónico: uad@concellodemonforte.com

Facebook: Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos

Persoa responsable: Luisa Astray García - Educadora Social