Noticias:
-
O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos por mor da festividade de San Martín de Porres, mañá 3 de novembro
Monforte de Lemos, 2 de novembro de 2023. O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, que é o patrón dos traballadores da empresa FCC Medio Ambiente S.A., encargada deste servizo na... -
O Concello de Monforte celebra esta fin de semana o Mercado de Outono cun programa cheo de actividades na Praza de Abastos
Monforte de Lemos, 1 de novembro de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, ven de informar que o Concello de Monforte celebra un ano máis o tradicional Mercado de Outono que acolle a Praza de Abastos de Monforte a vindeira fin de semana, concretamente os días 4 e 5 de novembro. Un mercado de produtos... -
O Alcalde defende a “recuperación da voz dos que morreron polas súas ideas” no Día das Vítimas da Guerra Civil e da Ditadura
Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes nos actos organizados pola Fundación Luis Tilve, en colaboración coa propia institución provincial e municipal, con motivo do Día das Vítimas da Guerra Civil e... -
O Concello de Monforte conmemora hoxe o Día Galego sen Tabaco iluminando de laranxa a Torre da Homenaxe
Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2023. O Concello de Monforte súmase hoxe 31 de outubro ó Día Galego sen Tabaco, iluminando esta noite de cor laranxa a Torre da Homenaxe. A campaña, que leva por lema “Vive sen tabaco” ten por obxectivo sensibilizar ao gran público sobre os problemas de saúde que... -
O Equipo de Goberno do Concello de Monforte destina, por sétimo ano consecutivo, axudas para fomentar a creación de empresas
Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que, “por sétimo ano consecutivo, o Concello de Monforte convoca o Programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello de Monforte de Lemos, coa finalidade de colaborar dunha forma activa... -
O Alcalde fai entrega dos diplomas e certificados de formación ós 20 alumnos e alumnas do Obradoiros de Restauración e Arquivo dixital
Monforte de Lemos, 30 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega, na xornada de hoxe, dos diplomas acreditativos e certificados de formación ós 20 alumnos e alumnas que participaron en dous obradoiros municipais, o Obradoiro de Arquivo Dixital e o Obradoiro de... -
O Alcalde e o Bispo de Lugo presiden o traslado da imaxe da Virxe de Montserrat á igrexa de San Vicente do Pino, que dende hoxe abre de novo ó culto
Monforte de Lemos, 29 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, presidiron na tarde de hoxe os actos de traslado da imaxe da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, e de reapertura igrexa de San Vicente do Pino, acompañados por unha ampla... -
O remodelado Pavillón de A Pinguela acolle dende hoxe as primeiras competicións deportivas
Monforte de Lemos, 28 de outubro de 2023. O Pavillón Polideportivo municipal de A Pinguela acolle este fin de semana as primeiras competicións deportivas, tras ser inauguradas as súas obras de mellora hai uns días polo Alcalde, José Tomé Roca, e polo presidente do CDS, Víctor Francos Díaz. Unha... -
O Alcalde anuncia a mellora das rúas Ramón Cabanillas e Castro Dactonio, nas que investirá máis de 141.000 €
Monforte de Lemos, 28 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a licitación de dous novos proxectos de mellora en vías urbanas da cidade que se suman á liña de traballo dos últimos anos, que ten por obxectivo mellorar as infraestruturas urbanas e rurais existentes... -
O Alcalde preside a 63ª Asemblea da Red de Juderías de España en Monforte, na que as cidades membro consolidan un proxecto cultural que supera os 27 anos
Monforte de Lemos, 27 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu os actos arredor da 63ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España, que se celebrou onte e hoxe na cidade, e que reuniu ó 70% das cidades españolas que conforman esta asociación, que defende e promove os...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- seguinte ›
- última »









