O Alcalde e o Bispo de Lugo presiden o traslado da imaxe da Virxe de Montserrat á igrexa de San Vicente do Pino, que dende hoxe abre de novo ó culto

Monforte de Lemos, 29 de outubro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, presidiron na tarde de hoxe os actos de traslado da imaxe da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, e de reapertura igrexa de San Vicente do Pino, acompañados por unha ampla representación de autoridades e veciños de Monforte.

O traslado da imaxe da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa, na que se ubicou de forma provisional mentres se desenvolveron os traballos de mellora da igrexa de San Vicente  estaba previsto que se levara a cabo mediante unha procesión, pero a climatoloxía adversa fixo que finalmente a imaxe fora desprazada en camión ata o tempo de San Vicente.

José Tomé destacou que “hoxe é un día importante para min como Alcalde e para Monforte, porque unha vez rematado hai uns días o proceso de mellora desta igrexa de San Vicente, traballos que iniciamos en 2019, dende hoxe este tempo volverá a acoller as celebracións litúrxicas  e de culto que lle son propias, xa dentro da normalidade, e poderá ser visitado polos monfortinos e monfortinas, así como os numerosos turistas que recibimos ó longo do ano”.

“Dende o Concello”, subliñou o Alcalde, “levamos a cabo unha colaboración para facer  posible o traslado da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa, e tamén cos gaiteiros que amenizaron dito traslado”.

Nestes actos de reapertura participaron tamén a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e as Concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e de Consumo, Regina López, outros membros da corporación, o párroco de San Vicente, Rafael Mella, así como as Camareras e membros da Cofradía da Virxe de Montserrat, e moitos monfortinos e monfortinas.

Unha inversión do Goberno de España de 700.000 euros

A reapertura desta igrexa é posible logo de que remataran as obras de conservación, restauración e renovación do alumeado interior do tempo, levadas a cabo grazas ó investimento de preto de 700.000 euros a cargo do Ministerio de Cultura. Neste senso hai uns dias o Delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o propio Alcalde supervisaron o remate de ditas obras.

A importante inversión aportada polo Goberno de España permitiron levar a cabo actuacións nas pinturas murais do presbiterio, a nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro do Mosteiro. O proxecto sacou á luz unha pintura mural en bo estado de conservación, intervindo e documentando esta decoración inédita cun gran interese histórico e documental. Con esta intervención, o Goberno de España exemplifica o seu compromiso pola conservación dos patrimonios da provincia e de Galicia, facéndoa máis atractiva a través da restauración de pezas e edificacións cunha gran riqueza histórica.

En concreto, fixéronse actuacións nas pinturas murais do presbiterio, a nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro do Mosteiro de San Vicente do Pino. O proxecto sacou á luz unha pintura mural en bo estado de conservación, intervindo e documentando esta decoración inédita cun gran interese histórico e documental. Estas actuacións de intervención, conservación e restauración contaron cun investimento de 646.319 euros.

Por outra banda, o Alcalde tamén solicitou ó Ministerio axudas para a reforma da iluminación interior do templo, para a cal foron concedidos 41.000 euros.