Noticias:
-
Un mes de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller
A concellería de Igualdade, dirixida por Ana Casal, organiza a través do Centro de Información á Muller (CIM), as actividades que se desenvolverán co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Este ano as actividades prestan unha especial atención ós estereotipos... -
As parcelas do Porto Seco inaugurado hoxe sairán á venda a próxima semana
O presidente da Xunta anunciou hoxe que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana o concurso de venda das parcelas do Porto Seco de Monforte de Lemos, que se ofertarán a un prezo un 15% inferior ó inicialmente previsto. Así, indicou que as parcelas sairán á venda a un prezo medio... -
I Festa do Viño Novo no Centro do Viño en Monforte
O concello de Monforte, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe e coa empresa Rutas Sacras Nomar, xestora do Centro do Viño, organiza este sábado día 1 de Marzo a “I Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra”. A Festa celebrarase no Claustro do Centro do Viño e na mesma... -
Os alcaldes adoptarán medidas ante a suba do canon de Sogama
Diante da negativa da Xunta de Galicia a abrir vías de diálogo sobre o desmesurado incremento da taxa que os concellos pagan a Sogama, varios representantes do movemento municipalista contrario á suba do canon reuníronse en Chantada. A reunión celebrouse na tarde de onte e á mesma... -
Julia Otero destaca o valor e a importancia do proxecto da Fundación Semente de Monforte
Integrantes da Fundación Semente de Monforte, acompañados pola xornalista Julia Otero, presentaron o logotipo e a páxina web da Fundación e deron a coñecer o número de conta onde se poderán depositar as achegas económicas para este proxecto. Informaron que a asociación xa está legalmente... -
Esta fin de semana comeza unha nova tempada para os Mercados de Monforte
O Espazo Central do Praza de Abastos volverá abrir as súas portas esta fin de semana, días 8 e 9 de febreiro, para acoller un mercado dedicado ós produtos recollidos, elaborados ou envasados na Ribeira Sacra. Un total de nove postos ofrecerán viños, aceites, embutidos, queixos, iogures,... -
A consellería de Sanidade comeza a privatizar servizos no Hospital de Monforte
O alcalde de Monforte reuniuse no día de onte con integrantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU), os cales lle trasladaron a súa preocupación pola privatización de servizos nos hospitais públicos do SERGAS. Severino Rodríguez recibiu información sobre o inicio do... -
Premiados coa lotaría promoven unha fundación con fins solidarios e de progreso
Un grupo de dez monfortinos e monfortinas, integrado por persoas de diversos ámbitos sociais e empresariais, pretenden crear unha fundación que administre, en beneficio do progreso da cidade, fondos procedentes do premio da lotaría de Reis e de achegas de particulares. O alcalde de Monforte... -
O Concello pide o mesmo respecto que o que se lle outorga a Patrimonio
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega Buján, quere responder ás críticas do voceiro municipal do PSOE sobre a instalación dunha pérgola no parque dos Condes. Mª Xosé Vega indica que José Tomé, a pesar de manexar o expediente de solicitude de autorización da... -
A Mesa de Comercio Local deberá aprobar a petición de celebración dunha Feira de Oportunidades
A Mesa de Comercio Local de Monforte celebrará o vindeiro luns día 27 de xaneiro, ás 9:00 h. na Casa do Concello, unha reunión na que someterá a aprobación a solicitude dun grupo de comerciantes da cidade para celebrar unha Feira de Oportunidades. A Mesa de Comercio Local deberá emitir...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 301
- 302
- 303
- 304
- 305
- 306
- 307
- 308
- 309
- …
- seguinte ›
- última »


