Convocatoria do Concurso dos Maios do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 3 de maio de 2019. O vindeiro mércores 8 de maio o Concello de Monforte de Lemos convoca o tradicional concurso dos Maios, a concentración dos maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 h.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 7 de maio antes das 14:00 h.

Este ano haberá premios a cada un dos concursantes na celebración dos Maios 2019, 75 € por participante.

 

BASES

Primeira.- A Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos convoca o Concurso  OS MAIOS, que se realizará o mércores 8 maio de 2019.

Segunda.- Poderán participar no Concurso tódolos monfortinos que o desexen.

Terceira.- O tema tratará sobre calquera tipo de Maio.

Cuarta.- Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

Quinta.-  Criterios de valoración do xurado: Valorarase a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados.

Sexta.- PREMIOS. Os premios serán por participación e terán todos unha contía de 75€.

Sétima.- O xurado do concurso estará composto por:

PRESIDENTE: A Delegada de Cultura ou persoa á que designe.

VOGAIS: Persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos.

SECRETARIO/A: O técnico de cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso.

Oitava.- Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos mediante vales para a compra no comercio local, estes establecementos en ningún caso poderán exercer a súa actividade mediante a fórmula de C.B.

O prazo máximo para facer efectivo os vales será dun mes a partir da súa recepción.

Novena.- As solicitudes para a inscrición dos maios, así como as coplas deberán presentarse para a participación no concurso no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación destas será o 7 de maio antes das 14:00 h

 Bases e cartaz