Inauguración do seminario Emprendimiento en el Medio Rural

Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. A 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inaugurou hoxe o Seminario “Emprendimiento en el Medio Rural”, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro xoves na sala de conferencias do Centro do Viño.

Na inauguración, a Tenente de Alcalde estivo acompañada por representantes das outras dúas entidades coorganizadoras do seminario: o Xefe de Servizo da Unidad de Gestión de la Red Rural Nacional dependente da Subdirección General de Dinamización del Medio Rural dentro de la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Política Forestal del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, Juan Carlos Orella, e o presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel e Alcalde de Bóveda, José Manuel Arias López.

O seminario ten por obxectivo que os asistentes fortalezan as súas capacidades para emprender no medio rural: obteñan información achega dos pasos básicos para emprender, profunden no desenvolvemento dun plan de negocio e adquiran capacidades noutras cuestións transversales como a comunicación ou a cooperación e xeración de sinerxias con outras iniciativas.

O curso conta cuns 20 inscritos, a maioría deles procedentes de distintos puntos de Galicia, pero tamén doutras Comunidades Autónomas españolas.

Na súa intervención, Gloria Prada destacou que “del éxito de iniciativas empresariales como las que pueden surgir a partir de este Seminario, y del éxito de nuevos emprendedores que podéis ser vosotros, va a depender que puedan surgir en nuestro medio rural nichos importantes de empleo, que den respuesta a las necesidades laborales de la población y que ésta se asiente en un entorno rural.”

Neste senso, engadiu que “desde el Equipo de Gobierno del Ayuntamiento, apostamos decididamente por toda iniciativa emprendedora que se asiente en nuestro entorno y que contribuya a la dinamización económica y social de nuestra sociedad, pues el fortalecimiento del tejido empresarial en Monforte es una de nuestras líneas principales de trabajo.”

O Seminario estructúrase en 4 módulos dun día de duración cada un, nos que se combinarán ponencias, exercicios prácticos e presentación de experiencias reais. Así, o primeiro módulo levará por título “Emprendemento no medio rural: da idea á realidade”; o segundo abordará como elaborar un Plan de Negocio; o terceiro presentará 3 casos de éxito de 3 persoas emprendedoras no medio rural; e o cuarto módulo, que terá lugar o xoves día 3, tratará aspectos básicos para o éxito dun negocio a longo prazo: a comercialización do produto e a estratexia de comunicación e difusión do produto ou negocio.

Ademais das charlas que terán lugar no Centro do Viño, os asistentes ó Seminario tamén levarán a cabo unha serie de visitas a entornos rurais da comarca, como serán o miradoiro do Cabo do Mundo, a unha adega da D.O. Ribeira Sacra, a Mieles Anta, ou á Reitoral de Gundivós.