O Concello de Monforte conmemora o Día Europeo da Cultura Xudía cun acto homenaxe na rúa Falagueira

Monforte de Lemos, 6 de setembro de 2019. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte conmemorou na tarde de hoxe o Día Europeo da Cultura Xudía cun acto celebrado na rúa Falagueira, a carón do nº 11.

O acto estivo presidido polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca,  que estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, así como os concelleiros de Deportes (José Manuel Mougán), Medio Ambiente (Miguel Tomé), Servizos (José Luis Losada), Consumo (Regina López) ou Muller e Igualdade (Margarita López). No acto, tamén estiveron presentes diversos membros descendentes de familias xudías, como a Gaibor, e o historiador Felipe Aira.

O acto consistiu na plantación dun olivo e no descubrimento dun monolito cunha placa conmemorativa, ubicados ambos á altura do número 11 da rúa Falagueira de Monforte, así como a lectura dun texto de homenaxe, do autor sefardí Mois Benarroch lectura que foi efectuada por Gloria Prada. No acto tamén tivo lugar a actuación dun cuarteto de corda e vento que interpretou dúas pezas baixo a dirección de Fernando Sanmartino, director do Conservatorio de Monforte.

O obxectivo deste acto, en verbas do Alcalde da cidade, “é homenaxear e lembrar á Comunidade Xudía e Xudeu Conversa monfortina que, ó longo dos séculos, coas súas vivencias e co seu traballo, contribuíron á construción e á existencia de Monforte de Lemos”.

Neste senso, o rexedor municipal, destacou que o “acto se enmarca dentro da xornada conmemorativa que hoxe se adica en toda Europa a reivindicar e por en valor a cultura xudía”.  Monforte, pertence á Rede de Xuderías de España. En Galicia, tamén están integrada nesta rede as cidades de Ribadavia e recentemente Tui.

    

Texto da placa homenaxe da rúa Falagueira

“EN LEMBRANZA DA COMUNIDADE XUDÍA E XUDEU CONVERSA MONFORTINA QUE, Ó LONGO DOS SÉCULOS, COAS SÚAS VIVENCIAS E CO SEU TRABALLO, CONTRIBUÍRON Á CONSTRUCIÓN E Á EXISTENCIA DE MONFORTE DE LEMOS.

A Ismael “judila”, Moshe “judío”, MANUEL e lÍdica “los judíos”, boaventura “judío”, Esther “la judía”, Ventura “Judío”, Isaac chamizo “el judío” e  a todos os  demais sefardís monfortinos de ANTES DA EXPULSIÓN do Ano 1492

Ás familias xudeu conversas Gaibor, Céspedes, coronel, FONSECA, DE FREITAS, DE PAZ, NÚÑEZ, DE OLIVEIRA, MEZQUITA, ÁVILA, ENRÍQUEZ DE LUCENA, GONZÁLEZ, MÉNDEZ, ÁLVAREZ, CORREA, RODRÍGUEZ, FEIJOO, PEREIRA.

E A TODAS AS FAMILIAS SEFARDÍS QUE DENDE A NOSA TERRA A PARTIR DO SÉCULO XVI ESPALLARON POLO RESTO DO MUNDO O  APELIDO “DE LEMOS” OU “LEMOS”.

Texto da lectura homenaxe: poema de Mois Benarroch

 

De volver

He vuelto a reclamar mi lengua

He vuelto a reclamar mis sinagogas

Mis rabinos y mis poetas

He vuelto a reclamar mi hebreo

Y mi español

He vuelto a reclamar mis montes

Y mis montañas mis ciudades

Y mis mares

He vuelto

A reclamar mi historia

Y mi salud

Mis uñas y mis libros

He vuelto desde el fondo de la historia

A contarte mi historia

He vuelto después de 600 años

He vuelto

He vuelto para que mires y me tires

Y toda la plata

He vuelto para verte y para irme

Por fin irme con mis propias manos

He vuelto

A verte renacer

Después de haber sido huesos sin carne

Después de que te despertaste un día

Sin piel

Mientras yo te recordaba

Mientras tus poetas

Cantaban poemas

Sobre mi tumba

Y los sótanos de tus inquisiciones

Me buscaban hasta México hasta Santiago

De Chile, hasta la jungla

[…]

Te añoré

Mientras tu te deshacías

Desaparecías de la historia

Metida en tu inquisición, y en tus sótanos

Año tras año siglo tras siglo

Sin poder admitir tu falta

Sin darte cuenta de tu equivocación

Perdida tanto tiempo mientras yo

Te llevaba en mi corazón

Tu mapa dibujado en mis riñones

Como un pájaro sin alas

[…]

He vuelto a reclamar mi lengua

Y mis llaves y mis trajes

Mis huellas y mis mares

Mis olas mis playas

Mis sombras mis letras en el barro

Mis casas y mis libros

He vuelto a reclamar todo

Para que me lo rechaces

He vuelto a reclamar todo para

Poder seguir errando

Y recordando

Todo lo que nunca podrás devolver.

 

                       NYC 26/04/1999

                       Mois Benarroch

AHORA SEFARAD