Monforte de Lemos, 28 de marzo de 2019. A fin de semana do 6 e 7 de abril de 2019, o Concello de Monforte de Lemos celebrará a terceira edición "Mercado para a Medieval 2019" no espazo da Praza de Abastos.
Trátase dun mercado de inspiración para todas aquelas persoas que vaian a participar ou visitar a XVII Feira Medieval de Monforte (que se celebrará o 20 e 21 de abril) e un bo escaparate para os establecementos da cidade, xa que todos eles poderán ver as diferentes propostas dos expositores para decorar os seus locais, para facer o seu traxe medieval, etc. Polo tanto, O Mercado Medieval constitúese na antesala preparatoria da Feira Medieval da cidade.
Precisamente, o sábado 6 ás 12:00 h., o Alcalde do Concello, José Tomé Roca, presentará en rolda de prensa o Programa Oficial da Feira Medieval, no que se incluirá toda información relativa a horarios e ubicación de actividades, así coma servizos e todos os aspectos que rodean á Feira e que poden ser de interese tanto para os monfortinos coma para os visitantes que participen na mesma.
Deste xeito, este Mercado contará coa presencia de 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos en zapatería e calzado tradicional, alfarería tradicional, artesanía en coiro, complementos, cestería, bixutería, barbaría e make up para lucir acorde aos nosos traxes medievais, decoración de mesas de terraza para hostalaría e hotelería, decoración de balcóns así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.
Ademais, diversos Paneis Expositivos amosarán diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos: decoración de terrazas con alpacas, con madeira, con aluminio; mesas de comedor redondas, cadradas, rectangulares; decoración de balcóns; decoración con vaixela de madeira, vaixela tradicional...etc.
Así mesmo, no Mercado Medieval presentarase un Panel con Menús e Tapas que se servirán en diferentes restaurantes e cafeterías da cidade durante a Feira Medieval, menú cuxos pratos e tapas estarán ambientados no Medievo.
Este ano tamén participarán as pastelerías e panaderías de Monforte cunha Exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo. Coma novidade presentarase un concurso que xirará arredor desta exposición: baixo o título “A polo mellor doce...” os
visitantes do Mercado Medieval probarán e avaliarán o mellor doce votando a un gañador. O domingo día 7 darase a coñecer o gañador do concurso baixo o título de “Mellor Doce Medieval 2019”.
O sábado día 6 organizarase o Desfile Medieval, que terá lugar ás 19:00 h. dentro das propias instalacións da Praza de Abastos, para que todos os asistentes disfruten duns fabulosos traxes así como peiteados de época e maquillaxe. Neste senso, os traxes e complementos reflexarán diferentes escalas sociais da época: Dama e cabaleiro, nobres, plebeos, infantil...etc.
Finalmente, no Mercado Medieval contaremos cun Taller-Contacontos para os máis pequenos titulado “O Carballo con Botas” e dirixido por Anxo Moure que se celebrará o sábado día 6 ás 17:30h. O taller é gratuíto e admite un máximo de 20 nenos. O mesmo día do Mercado os interesados poden apuntarse no stand do taller.
O horario do Mercado Medieval, ó que poden acudir todos os interesados de xeito gratuíto, será o seguinte:
- Sábado día 6 de abril de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.
- Domingo día 7 de abril de 11:00h. a 14:00h.