Monforte de Lemos, 27 de xullo de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de hoxe, no paseo do Malecón, das medallas e premios correspondentes á 3ª Copa Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte.
Nesta competición piragüística celebrada en augas do río Cabe, participaron un total de 85 palistas procedentes de Dumbría, Mondariz, Salvaterra, Tomiño, e Monforte de Lemos.
Competiron nas categorías, todas elas masculino e feminino, de Infantil C1, Alevín C1, Infantil K1, Alevín K1, Alevín C1, Benxamín K1 e Prebenxamín K1.
Por equipos, resultou gañador o Club de Montaña Quixós con 178 puntos, seguido do Club Deportivo Miño-Os Teixugos, con 175 puntos, e quedando en terceiro lugar o Club Piragüismo Penedo-Teimporta 127 puntos.
A representación do Quixós Club que organiza este campionato, correu a cargo de Sara Inés, Martín, Rodrigo, Xoel, Lucas e Breixo.
Hai que subliñar que tres palistas do Quixós, Xoel Fernández, Martín Prats e Sara Inés Varela, foron convocados pola Federación Galega de Piragüismo para para formar parte das seleccións autonómicas infantil e cadete que competirán no campionato de España de xóvenes promesas que se celebrará os días 23 e 24 de agosto en Ponts.
Esta convocatoria reafirma a calidade do Clube monfortino, que continúa aportando talento dende Monforte ó combinado galego, sendo un dos tres mellores Clubes que hai na actualidade dentro desta modalidade deportiva.
O Alcalde quixo felicitar tanto ó Club Quixós como ós deportistas individualmente, polo traballo que están a facer, xa que fruto do sacrificio, da perseverancia e da dedicación que lle adican a esta modalidade deportiva, a nosa cidade ten presencia nas competicións mais importantes de piragüismo que se celebran na actualidade.
A actividade foi organizada polo Club Quixós de piragüismo, e conta co apoio do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.
RESULTADOS DA TERCEIRA COMPETICIÓN COPA GALEGA PROMOCIÓN SALALOM 2025
H ABR C 1 OTERO SANROMAN Daniela CLUB DEPORTIVO MIÑO-OS TEIXUGOS
H ABR K1 . 1 CACABELOS VEGA Pedro CLUB TEA DE MONDARIZ BALNEARIO
2 VAQUEIRO PÉREZ Miguel CLUB PIRAGUISMO PENEDO-TEIMPORTA
|
H INFANTIL C1 . 1 FERNANDEZ MENDEZ Xoel CLUB DE MONTAÑA QUIXÓS 2 LEDO CEA Mario CLUB TEA DE MONDARIZ BALNEARIO 3 MONTENEGRO FERNANDEZ Lois CLUB DEPORTIVO MIÑO-OS TEIXUGOS
|