Xa se poden consultar na web do Concello os horarios do novo Bus Urbano de Monforte

Monforte de Lemos, 5 de febreiro de 2020. O Concello de Monforte informa que xa se poden consultar os horarios do novo Autobús Urbano.

Todos os interesados en consultar tanto os horarios como as diferentes rutas poden facelo xa a través do seguinte enlace:

http://monfortedelemos.es/gl/servizosmunicipais/busurbano

Recordamos a todos os usuarios e usuarias que o servizo de Autobús Urbano de Monforte de Lemos é gratuíto, e  polo tanto, non é necesario presentar ningún tipo de acreditación para o seu uso. 

O bus conta con conexión Wifi con acceso gratuíto a Internet (as claves figuran visibles na parte dianteira do vehículo, detrás do asento do condutor) e nos asientos existen puntos de recarga USB para dispositivos móbiles. 

Ademais, o usuario poderá coñecer en tempo real por onde transita o bus a través dun xeolocalizador GPS. Para elo, so é necesario descargar a aplicación “Locatel” e introducir, unha vez descargada, os seguintes datos:

-Usuario: bus2020
-Contrasinal: urbano