Monforte de Lemos, 6 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que dende o Concello procedeuse a indicar á empresa FCC, encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria da cidade, a desinfección do entorno do Club Fluvial, logo da confirmación do positivo por COVID-19 dunha traballadora do citado centro.
En concreto, estas tarefas de desinfección estanse a levar a cabo na mañá de hoxe e abarcan tanto os accesos ó Club Fluvial, así como toda a rúa Caneiro.
O obxectivo destas tarefas de desinfección, que se agarda finalicen ó longo da mañá de hoxe, é o de garantir a hixiene e saúde ante o Covid-19 dos veciños e veciñas da zona.
“Con esta actuación”, sinalou o Alcalde, “queremos transmitir ós veciños e veciñas do entorno do Club Fluvial que estean tranquilos, pois dende o Concello adoptáronse as medidas necesarias para garantir unha desinfección ante o Covid-19 do entorno do Fluvial, algo que levamos a cabo na mañá de hoxe.”