Monforte de Lemos, 6 de agosto de 2020. O Concello de Monforte informa que veñen de concluírse os traballos de mellora rúa Alfredo Brañas, continuando así coa planificación deseñada polo Equipo de Goberno para mellorar diferentes rúas da cidade.
Con esta actuación dáselle continuidade o programa de melloras en infraestruturas urbanas que o Equipo de Goberno do Concello ven desenvolvendo, tras o reinicio deste tipo de actividades que sufriu un parón por mor da pandemia do COVID-19.
O investimento desta actuación ascende a 13.578,49 euros, actuación que foi levada a cabo pola empresa Acoval S.A.
Traballos de mellora en Alfredo Brañas
As obras e actuacións de mellora levadas a cabo na rúa Alfredo Brañas de Monforte consistiron na rexeneración do firme da vía nunha lonxitude de 285 metros.
Dada a proliferación de núcleos rurais e explotacións agropecuarias e forestais espallados por todo o territorio do Concello de Monforte de Lemos, o tráfico, aínda que non moi elevado, é constante en moitas das vías locais, especialmente por maquinaria agrícola e forestal de grande tonelaxe, co cal, estas sofren bastante e son frecuentes as aparicións de fochas e baches que, pouco a pouco, van deteriorando o firme.
Ademais, nalgunhas zonas, a presenza de auga ou o deficiente drenaxe ou estado das cunetas, provoca que se produzan encharcamentos que tamén provocan o deterioro do firme das vías.
Deste xeito, a rúa Alfredo Brañas presentaba un firme asfáltico con numerosas irregularidades e baches, polo que nela, levaronse a cabo as seguintes actuacións de mellora.
En primeiro lugar, procedeuse ó fresado do firme antigo ata unha profundidade de 4 cm. de espesor nas zonas nas que foi preciso, especialmente na unión co peche de Capacitación Agraria.
Tras o fresado, procedeuse ó barrido do firme nas zonas afectadas, por medios mecánicos. Esta actuación consistiu nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
Posteriormente, en toda a calzada, procedeuse a aplicar unha nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12 de 4 cm. de espesor, que inclúe o rego de adherencia e o bacheo previo nas zonas nas que foi necesario.
Unha vez rematada a colocación do pavimento novo, procedeuse ó recalzado de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demáis elementos existentes na estrada, ata o novo nivel do pavimento.
Por último, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, se procederá ó pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos correspondentes.