Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2020. O Concello de Monforte informa que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo, co obxectivo de permitirlles ós traballadores da empresa FCC, concesionaria da recollida, que poidan disfrutar desas datas festivas tan especiais.
Polo tanto, os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15 horas e rematará ás 19 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte.
Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos, reforzando o servizo de limpeza viaria con varrido mecanizado.
Cómpre destacar que no caso dos domingos 23 e 30 de decembro, os traballadores non retirarán das rúas os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo. Esas dúas xornadas si se realizará a recollida de lixo, pero os cubos quedarán depositados na rúa ata o inicio da recollida dos días posteriores - o día de Noiteboa (día 24) e Fin de Ano (día 31 de decembro)- co obxectivo de axilizar as tarefas de recollida os mencionados días.
A concellería de Medio Ambiente lamenta as molestias que puideran derivarse deste cambio e, ó mesmo tempo, pídese a colaboración de todos os veciños e veciñas, así como dos comerciantes.
O servizo de recollida de lixo volverá ó seu horario habitual os días seguintes destas datas festivas.