O tramo peonil da rúa Cardenal abrirá so para vehículos autorizados

Monforte de Lemos, 16 de novembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar, logo da decisión acordada en Xunta de Goberno do pasado 9 de novembro, que será restablecido o acceso ó tramo peonil da rúa Cardenal para vehículos autorizados. Este acordo está previsto que entre vigor hoxe luns 16 de novembro, e produciuse despois de que un informe da Policía Local considerara adecuada a súa apertura, recomendando o establecemento de medios de control do acceso solo a vehículos autorizados

Así, logo de haber transcorrido un período de varios meses dende a finalización das obras de renovación do firme de granito do tramo peonil da rúa Cardenal de Monforte, e toda vez que os informes indican que firme se atopa consolidado e é apto para a circulación de vehículos, dende o Concello procederase a apertura de dito tramo peonil.

Sen embargo, a Ordenanza Municipal de Tráfico do Concello de Monforte, só autoriza a circulación polas rúas peonís da cidade de determinados usuarios autorizados, especialmente os relacionados por exemplo con servizos de emerxencias ou os de aprovisionamento de combustibles. Polo tanto, so poderán acceder este tipo de vehículos ó tramo peonil de dita rúa Cardenal, ou de outro tipo sempre que sexan autorizados.

Do mesmo xeito, o Alcalde informa que a Xunta de Goberno acordou iniciar o procedemento para establecer mecanismos de control de acceso dos mencionados vehículos autorizados a esta zona peonil, tal e como recomenda o informe da Policía Local, que será levada a cabo a través de dispositivos telemáticos, co obxectivo de garantir que a circulación de vehículos polo tramo peonil da rúa Cardenal sexa estritamente daqueles autorizados pola normativa vixente, e nos horarios en que aquela o permite.