Monforte de Lemos, 21 de outubro de 2021. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participou esta mañá na inauguración dunha nova edición da Exposición Filatélica Nacional -Exfilna 2021- onde se presentou o selo conmemorativo do VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, emitido por Correos de España. A 59 edición de Exfilna, que poderase visitar desde o 21 ao 24 de outubro, terá lugar en diferentes escenarios da capital lucense: na praza Santa María, no Salón Rexio do Círculo das Artes e a sala de exposición da Deputación de Lugo.
O acto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Lugo e na presentación, Tomé Roca, estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, O Presidente da Federación Española de Sociedades Filatélicas, Miguel Ángel García, o Director de Filatelia, Jordi Escruela.
Na súa intervención, o Alcalde fixo fincapé en que este é “un día importante para o Concello de Monforte de Lemos, pois hoxe un ilustre monfortino, Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, convértese en protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España. Deste xeito, cúmprese un dos meus empeños desde que cheguei á alcaldía”. Tomé Roca sinalou que “os selos de Correos recollen todo aquel patrimonio cultural, etnográfico ou histórico do que estamos orgullosos. O patrimonio que queremos conservar, dar a coñecer e conservar”.
A figura do VII Conde de Lemos
O Alcalde explicou que “don Pedro Fernández de Castro é una figura trascendental, para Monforte, para Galicia e para o conxunto da política e das letras da España Moderna”. Lembrou que o VII Conde de Lemos foi presidente do Consello de Indias, Virrey de Nápoles, presidente do Consello Supremo de Italia, comendador da Orde de Alcántara, embaixador extraordinario en Roma e Correo Maior do Reino de Galicia, o que o revela “como un dos homes máis importantes do reinado de Felipe III, defendendo sempre os intereses desta terra” .
Destacou José Tomé Roca que o alcance do mecenazgo cultural de Fernández de Castro “resulta aínda máis impresionante. Escritor de fina ironía, exemplo de sabiduría e prudencia, que no sempre é compredida polo resto da corte”. O Rexedor puxo en valor que o VII Conde de Lemos foi protector dun bo número de escritores do Século de Ouro, como Lope de Vega, Luis de Góngora y Argote ou Francisco de Quevedo; e que tivo una estreita relación con Cervantes, quen lle dedicou a segunda parte do Quijote.
“A pegada de Don Pedro Fernández de Castro e da súa familia déixase sentir aínda hoxe no casco histórico de Monforte. O seu conxunto monumental sorprende a todos aqueles que chegaron por primeira vez. Como capital da Ribeira Sacra, Monforte ten o deber de preservar e promover este patrimonio monumental e artístico, que forma parte do noso pasado, pero temos tamén o deber de convertilo nunha fonte de desenvolvemento sostible no futuro”, sinalou o Alcalde.
Importante impacto promocional para Monforte e a Ribeira Sacra
A tirada oficial en toda España do selo do VII Conde suporá unha acción promocional de gran relevancia para Monforte de Lemos e para a Ribeira Sacra, que viaxará máis aló das fronteiras do pais. “Porque a promoción turística e cultural que supón estar presente nas series de Correos aportará a Monforte una nova proxección en España e no Mundo. Os selos viaxan por todas partes e logo invitan a viaxar á xente”, sinalou Tomé Roca.
O Alcalde destacou que este timbre é una realidade gracias á colaboración estreita entre o Concello de Monforte de Lemos e Correos, e agraeceu ao Presidente de Correos, Juan Manuel Serrano, a súa sensibilidade ao interés do Goberno local para sacar adiante esta iniciativa. Dixo estar convencido de que o diseño do selo do VII Conde de Lemos está á altura da importancia desta edición de Exfilna e invitou á veciñanza da provincia a visitar a exposición que este ano acolle Lugo.