O Concello informa dun corte de auga por avería na Rúa Hortas e Avda de Galicia

Monforte de Lemos, 9 de  de diciembre 2021. O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe levouse a cabo un corte no subministro de auga na rúa Hortas e no tramo da Avda. de  Galicia entre a rúa Cardeal e a Ponte Nova.

O corte realizouse para proceder á reparación dunha avaría na rede de auga que se produciu hoxe pola mañá.

Agárdase que a avaría poida ser reparada o antes posible e procederase entón ó restablecemento do subministro de auga.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este corte na rede de auga poida ocasionar.