O Concello informa do corte de tráfico por obras na Praza de Dr. Goyanes

Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2021. O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico por obras na Praza de Doutor Goyanes.

Os cortes ó tráfico produciranse o vindeiro luns 5 e martes 6 de xullo, en horario de 14.30 a 20:00 horas e afectarán ó entorno da citada praza.

Así, o tráfico estará debidamente ordenado a través das sinalizacións correspondentes ubicadas:

  • No cruce do Campo de San Antonio coa rúa Antonio Méndez Casal.
  • No Malecón a altura do Ambulatorio
  • Na entrada de Doutor Goyanes

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.