80 militares do "Regimiento Saboya 6" pernoctaron onte en Monforte

Monforte de Lemos, 27 de outubro de 2022. Arredor de 80 militares do "Regimiento Saboya 6" pernoctaron onte en Monforte, no pavillón de As Gándaras o cal lles foi facilitado polo Concello, logo das xestións levadas a cabo polo Alcalde e o técnico de deportes.

O Regimiento Saboya 6 iniciou unha marcha a pé dende Salamanca, que rematará hoxe na igrexa de San Fiz de Cangas (Pantón), para renderlle homenaxe a Rodrigo López de Quiroga, que foi un dos grandes militares españois do século XVI, nacido en  Espasantes, e que está enterrado en dita igrexa.

Este Regimiento, do que Rodrigo López de Quiroga foi  Mestre de Campo, é unha das unidade militares máis antigas do mundo con máis de 500 anos de historia. Herdeira duns tercios de elite que mandou crear en 1537 o emperador Carlos.