Monforte de Lemos, 4 de xullo de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañou á delegación monfortina, durante a xornada inaugural dos XIV Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en Maia dende hoxe e ata o 8 de xullo.
O Alcalde animou os deportistas ós que desexou “sorte e ánimo nas súas competicións, para que acaden os maiores éxitos para Monforte, pero sobre todo que disfruten desta experiencia, e que non sufran lesións”.
Os XIV Xogos do Eixo Atlántico contan coa presencia de 75 deportistas monfortinos, que participarán en 5 modalidades deportivas: fútbol sete masculino, voleibol femenino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.
A cerimonia de apertura dos xogos tivo lugar este luns 4 a partir das 15:45 (hora local) e consistiu nun desfile de todas as delegacións participantes que finalizou na praza do municipio.
XIV Xogos do Eixo Atlántico
Este evento, que se organiza cunha periodicidade bianual, está dirixido fundamentalmente á promoción do deporte e á convivencia entre xóvenes dos Concellos e Cámaras Municipais que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Trátase dun evento transfronteirizo, único en Europa, que se ven realizando dende o ano 1995 e que contará nesta décimo cuarta edición cunha participación de mais de 2.000 atletas.
Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para a selección de voleibol, o C.P. Calasancio e o C.F. Monforte o fan para a selección de fútbol sete y o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.
En canto á organización da competición, esta terá lugar entre o martes 5 e o venres 8 de xullo. As modalidades individuais de atletismo e natación celebraranse o martes 5 de xullo, e as modalidades de voleibol, fútbol e baloncesto celebrarán a fase de grupos entre o martes 5 e o xoves 7 pola mañá, e os cruces e fases finais entre o xoves 7 pola tarde e o venres 8.
Na última reunión do Grupo Temático de Deportes celebrada o pasado 23 de xuño, tivo lugar o sorteo de grupos de cada unha das modalidades deportivas de equipos. Así na modalidade de voleibol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo A, xunto coas seleccións de Vila Nova de Famalicao, Viana do Castelo, Pontevedra e Gondomar. Na modalidade de fútbol o Concello de Monforte queda encadrado no grupo C xunto con Vila Nova de Gaia, Peso da Régua, Ponteareas e Maia. Na modalidade de baloncesto o Concello de Monforte competirá no grupo C contra Maia, Braga, Pontevedra e Vila Real.
O vídeo da participación da Delegación de Monforte no desfile inaugural dos XIV Xogos do Eixo Atlántico, podedes descargalo en:
O vídeo do Alcalde saúdando á delegación monfortina:
A composición de cada un dos equipos é a seguinte:
Equipo de voleibol feminino:
Deportistas:
- Ángela Bussieres López
- Eva Beirán Touza
- Irene González Camino
- Jessica Goyanes Ribeiro
- Lara Paz Maciñeiras
- Luzía Fernández Pérez
- Noa López Fernández
- Sandra Fuentes Carretero
- Sara Gómez López
- Sara González Fernández
- Saray González Fontal
- Sofía Bussieres López
Staff técnico:
- Alejandra López Pérez
- Juliana Ribeiro Escobar
- Yolanda Maciñeiras Soengas
- Yoraxi Melean Álvarez
Equipo de fútbol masculino:
Deportistas:
- Claudio Valentín Costea
- Daniel Rubinos González
- Diego Pérez Pallín
- Eric Giraudier Rodríguez
- Hugo Gutiérrez Rodríguez
- Javier Vila Vázquez
- Juan Quiroga Álvarez
- Mateo López López
- Noe Gegunde Rodríguez
- Pablo Rodríguez López
- Pablo Ureña Vázquez
- Yeray Lamas Vilaboa
- Youness Benhlal
- Cristian Arias Salgado
Staff técnico:
- Asier Seijas Fernández
- Fernando Elcoso Ricote
- Luis Gegunde Chorén
- Luis Ignacio Rodríguez Rivero
Equipo de baloncesto:
Deportistas:
- Bieito Varela Rodríguez
- Brays Plata Sención
- Eloi López Rodríguez
- Gabriel Díaz Vallina
- Martín López González
- Mateo Fernández López
- Noel Cortiñas Vallo
- Rodrigo Vallecas González
- Samuel Casas Rodríguez
- Wilson Javier Toribio Delgado
Staff Técnico:
- Marga Rodríguez Rodríguez
- Xosé Anxo Sánchez Yañez
Equipo de atletismo:
Deportistas categoría masculina:
- Abel López Cortiñas
- Daniel Pombo Rodríguez
- Iker Fernández Codesido
- Ismael Rodríguez Nieves
- Mario Francés López
- Mateo Rodríguez Fernández
Deportistas categoría feminina:
- Carla Vázquez Rodríguez
- Irene Vila González
- Martina Vila González
- Paloma López Moral
- Sabela Nieves Rodríguez
- Uxía Trail Bates
Staff técnico:
- Rubén Castro Portela
- Martín Fernández Rodríguez
Equipo de natación:
Deportistas categoría masculina:
- Ander Regueira Moure
- Hugo López Rodríguez
- Iago Seoane Rodríguez
- Isaac Losada Torres
- Luis Manuel Pérez Medina
- Noel Pereira Martínez
Deportistas categoría feminina:
- Alla Castro de la Fuente
- Antía González Losada
- Candela Enríquez Buján
- Elena Arias Pacheco
- Mara Ledo Escudero
- María Caplea
Staff técnico:
- Emilio Torres Fraile
- Cintia Vázquez Fuentes
O Técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, exercerá como Delegado Municipal e responsable da representación do Concello de Monforte durante a súa participación nos xogos.