O Alcalde asiste ó Festival de Nadal do Conservatorio Municipal de Monforte

Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, e Consumo, Regina López, asistiu na tarde noite de hoxe o tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal que se celebrou no Auditorio do Edificio Multiusos dende as 8 da tarde.

O recital correu a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” nas súas diversas especialidades, e as as actuacións realizáronse en grupos de conxunto de guitarra, saxofón, violín, clarinete/frauta, percusión, vento metal (trombón/trompeta), así como coros de grao elemental e profesional e  orquestra.

No concerto interpretáronse sobre todo temas de temática navideña, así como obras de autores clásicos e modernos.

 

Programa Concerto de Nadal

-Coro elemental: “Navidad, Navidad”,  Popular.

-Grupo de cámara.” Wanderers Nachtlied”, Schubert.

-Conxunto Percusión:  “Oye como va!”, Igor Escalona e “Jingle bells”, Arr. Javier Eguizábal.

-Grupo de cámara: ”Vocalise”, Rachmaninov.

-Grupo  de violíns: “Noche de Paz”, Popular.

-Grupo de saxofóns: “Feliz Navidad”, José Feliciano.

-Conxunto Clarinetes e frauta “Joy to the world”, Arr. Mazzini.

-Conxunto piano: “Comptine d’une autre eté”, B.S.O. Amélie.

-Coro profesional: “Canticorum Jubilo”, Haendel; “White Christmas”, Berling;                        “Gaudeamus Hodie Canon”, Brézum. 

-Grupo de vento metal: ”Christmas Medley”, J.W.Sargent.

 -ORQUESTRA:

A orillas del Danubio Azul”, J.Strauss.

Célebre Adagio”, Albinoni.

Popurri  Navideño”, Salinas.

Marcha Radetzky”, J.Strauss.