O Alcalde de Monforte asiste á misa en memoria de Aida Menendez

Monforte de Lemos, 3 de setembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal, asistiu ós actos litúrxicos que se celebraron na mañá de hoxe na igrexa do Colexio dos Escolapios, en memoria de Aida Menéndez.

No acto estivo tamén presente o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como diversos cargos do goberno autonómico, alcades da zona, familiares e amigos de Aida, autoridades e veciños e veciñas de Monforte.

Aida Menéndez, que faceleu o pasado 27 de xullo, foi concelleira de Cultura en Monforte e presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.