O Alcalde clausura o IX Campus de Voleibol Ribeira Sacra-Monforte no pavillón da Pinguela

Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e polo concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, foi o encargado de clausurar na mañá de hoxe, a novena edición do Campus de Voleibol Ribeira Sacra-Monforte.

Este campus, que se integra dentro do programa de actividades deportivas de verán organizado polo Concello de Monforte, foi desenvolto polo Club Voleibol Ribeira Sacra no polideportivo municipal de A Pinguela ó longo desta semana, entre o 22 e o 26 de agosto.

No Campus participaron un total de 44 nenos e nenas monfortinos, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

O Alcalde procedeu, durante a clausura do Campus, a entregar a cada neno e nena unha camiseta conmemorativa e unha medalla pola súa participación nesta actividade deportiva. Previamente, no videomarcador deportivo do pavillón municipal proxectouse un vídeo resumo do desenvolvemento desta 9ª edición do Campus de voleibol.