O Alcalde entrega os premios do XXIX Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte

Monforte de Lemos, 18 de maio de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou na tarde de hoxe os premios correspondentes ó XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, e que se celebrou dende o 27 de abril ata o 18 de maio no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

O Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

Tras o visionado dun vídeo resumo das actuacións dos diferentes centros educativos participantes, o rexedor monfortino fixo entrega a cada un dos representantes de ditos centros da gravación, nun lápiz de memoria personalizado con logo do Concello e o nome do certame, das obras representadas, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

Os centros educativos que recibiron o galadón foron:

  • CEE  Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”.
  • E obra de Prodeme (asociación convidada), “Néboa no bigote”, está pendente de ser escenificada, xa que no día previsto non se puido representar debido a un brote de coronavirus entre algúns dos actores da mesma.