O Alcalde entrega os premios do Torneo de Volei Praia do Cuadrado, que alcalzou cifras récord de participación

Monforte de Lemos, 29 de agosto de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, o de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, fixo entrega na madrugada de onte dos premios e trofeos da 12ª edición do Torneo de Volei Praia do Cadrado.

O torneo disputouse no Parque dos Condes entre o sábado 20 e onte domingo 28 de agosto,  batendo récord de participación con 163 parellas inscritas, o que suporá un total de 346 partidos ó longo dos 9 días de duración do torneo. E os participantes anotados foron dende os 9 ata os 62 anos de idade.

A asignación municipal para cubrir estes gastos comentados polo rexedor monfortino é de 4.550 €, e nela incluíronse os costes da instalación dos campos de xogo así como da dotación do material necesario para a disputa dos partidos: postes, redes, cadeiras de arbitraxe, valos e liñas de marca de delimitación dos campos, etc. Da mesma forma, o Concello de Monforte tamén aportou o subministro de trofeos e medallas, así como dúas casetas de obra para a almacenaxe de material e tres carpas para a zona de organización do evento.

Relación de participantes premiados

SUB 12

1º.- Paula, Aina e Angie

2º.- Candela, Alma e Irene

3º.- Clara, Ángela e Uxía

SUB 15

1º.- Pena e Izan

2º.- Uxía e Olivia

3º.- Dalox e Borja

SUB 19 Masculino

1º.- Cota e Óscar

2º.- Anier e Borja

3º.- Robredo e Rodrigo

SUB 19 Feminino

1º.- Carla e Carol

2º.- Uxía e Jessica

3º.- Luzía e Candela

SUB 18 mixto

1º.- Luis e Uxía

2º.- Marcos e Jessica

3º.- Izan e Olivia

Feminino

1º.- Carla e Uxía

2º.- Jana e Xiana

3º.- Esther y Alicia

Masculino

1º.- David e Javi

2º.- Cota e Óscar

3º.- Jaime e Dani

Mixto

1º.- Marcos e Uxía

2º.- Xiana e Jaime

3º.- Candela e Izan

Súper 80

1º.- Ana e María

2º.- Juan e Miguel

3º.- Ramudo e Núñez

Pai e Fillo

1º.- Núñez e Izan

2º.- Lucía e Esporas

3º.- Valeria e Juan