O Alcalde informa dunha avaría no subministro de auga, na xeral que vai a Piñeira, que xa está sendo reparada

Monforte de Lemos, 45 de abril de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha avaría na rede de subministro de auga que se produciu na mañá de hoxe na xeral que vai a Piñeira.

En concreto, a rotura tivo lugar entre a vía do ferrocarril e a estación de Fenosa, ó pasar o paso a nivel da rúa Francisco Moure.

Con esta avaría, veuse afectada a liña eléctrica de Fenosa, xa que a rotura foi nas tuberías que pasan por debaixo das liñas de alta tensión desta zona.

Deste xeito, para proceder á reparación da avaría, houbo que derivar o servizo de enerxía eléctrica por outras liñas, para poder deixar sen corrente ós cables que pasan por riba das tuberías avariadas, a fin de que os operarios puideran traballar con seguridade e evitar o risco de electrocución.

O Alcalde informa que a maioría das rúas que se viron afectadas pola avaría xa contan co servizo de auga, posto que este se canalizou a través doutras tuberías.

“Nestes momentos, a avaría afecta á zona do Reboredo, despois da vía, a zona de Montepando e a zona da Chacinera, e os operarios encargados do servizo seguen  a traballar para reparar a avaría canto antes”, precisa o rexedor monfortino.