O Concello abre este luns 27 de xuño o prazo de matrícula para os Cursos de Verán do Conservatorio

Monforte de Lemos, 24 de xuño de 2022. O Concello de Monforte informa da apertura do prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que se organizan no Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibañez”: será dende o vindeiro luns 27 de xuño e ata o 12 de agosto.

Ó igual que nas pasadas edicións de 2020 e 2021, os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto no mes de xullo coma no de agosto, algo que en anteriores anos so se celebraba no mes de agosto. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Equipo de Goberno do Concello decidimos manter a celebración destes cursos nos meses de xullo e de agosto, motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que  nenos e nenas poidan disfrutar dunhas vacacións activas practicando, como é neste caso, actividades tanto lúdicas coma formativas relacionadas coa danza e a música”.

 

Matrícula nos Cursos de verán de danza e música en Monforte

O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será, para todos os casos, de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Do mesmo xeito, poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación ou avanzado. Cada materia terá unha duración dunha hora que se elixirá no momento da inscrición

O prazo de inscrición abrirase a partir do vindeiro luns 27 de xuño ata o 12 de agosto.

A inscrición realizarase na ventanilla da oficina de Rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico.

As solicitudes poderánse descargar na Sede Electrónica do Concello, no catálogo de trámites, modalidade "Conservatorio Municipal de Música”, ou recollelas na mesma ventanilla do Rexistro do Concello.

As MATERIAS DE INSTRUMENTO estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..).

Para inscribirse nas materias de instrumento será indispensable que o alumno aporte o seu propio instrumento persoal, agás en piano e percusión.

En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos e alumnas de ata 7 anos.

Polo que respecta á DANZA, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a xoves en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

 

MATERIAS, DATAS DE CELEBRACIÓN E PRAZAS DISPOÑIBLES

Música:

*Piano 1º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 4 ó 8 de xullo e contará con 9 prazas.

Guitarra eléctrica e acústica: a partir de 6 anos, celebrarase do 11 ó 15 de xullo e contará con 6 prazas.

Violín: a partir de 6 anos, celebrarase os días 18 a 22 de xullo e contará con 6 prazas.

Vento metal/ Trombón, Trompeta: a partir de 6 anos, celebrarase os días 4, 5, 6, 11 e 12 de xullo e disporá de 6 prazas.

*Piano 2º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 18 ó 22 de xullo e contará con 9 prazas.

Percusión moderna: a partir de 6 anos, celebrarase os días 30 de xuño e 1, 7, 8 e 14 de xullo, e disporá de 6 prazas.

Saxofón: a partir de 6 anos, celebrarase os días 27, 28, 29 de xullo e 1, 2 de agosto e contará con 6 prazas.    

Guitarra: a partir de 6 anos, celebrarase do 18 ó 22 de xullo dispoñendo de 6 prazas.

Gaita e frauta doce: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 10 prazas

*Piano 3º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 1 ó 6 de agosto e contará con 9 prazas.

Percusión tradicional: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 10 prazas.

Clarinete: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 6 prazas.

Frauta travesa: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e disporá de 6 prazas.

*Piano 4º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 22 ó 26 de agosto e contará con 9 prazas.

 

*En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.

 

Danza:

Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.

Danza tradicional galega: de 6 a 9 anos, terá lugar do 8 ó 12 de agosto, con 12 prazas.

Danza tradicional galega: a partir de 10 anos, terá lugar do 8 ó 12 de agosto, con 12 prazas.

Danza moderna: de 6 a 9 anos, terá lugar do 22 ó 26 de agosto, con 12 prazas.

Danza moderna: a partir de 10 anos, terá lugar do 22 ó 26 de agosto, con 12 prazas.

Ballet clásico: a partir de 6 anos, terá lugar do 22 ao 26 de agosto, con 12 prazas.

 

DESCARGA DE DOCUMENTOS:

Solicitude matrícula cursos verán 2022 Conservatorio Municipal

Impreso autoliquidación cursos verán 2022  Conservatorio Municipal