A Coral Polifónica de Monforte e a Coral Auria Canta de Ourense ofrecerán mañá un concerto de Nadal na igrexa da Nosa Señora da Antiga

Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2022. A Coral Polifónica do Concello de Monforte e a  Coral Auria Canta de Ourense protagonizarán o tradicional  Concerto de Nadal,  que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da programación do Nadal municipal.

Deste xeito, o concerto será este venres 23 de decembro ás 20:00 horas na a Igrexa da Nosa Señora da Antiga -Colexio PP. Escolapios.

 A entrada é gratuíta.

 

Consulta o Programa completo en:

 Programa Concerto Nadal Monforte Corais 2022