O Concello informa dun corte no subministro da auga na rúa Uxío Novoneyra por obras de mellora na acometida, este mércores 19 de outubro

Monforte de Lemos, 17 de outubro de 2022. O Concello de Monforte informa que este mércores 19 de outubro levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Uxío Novoneyra, para desenvolver obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede xeral de abastecemento municipal en dita zona.

Este corte no subministro de auga afectará á mencionada rúa e as obras desenvolveranse á altura da intersección coa rúa Luís Moure Mariño.

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9:00 ata as 14:00, aproximadamente.

Deste xeito, o Concello segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.