FELICITACIÓN DE NADAL DO ALCALDE DE MONFORTE DE LEMOS

FELICITACIÓN DE NADAL DO ALCALDE DE MONFORTE DE LEMOS

Ola a todos e a todas, veciños e veciñas de Monforte.

Como Alcalde da cidade, diríxome a todos vós, monfortinos e monfortinas, para enviarvos un agarimoso saúdo nestas datas de Nadal.

Chegou decembro e con el chegou o Nadal, unha das festas máis entrañables de todo o ano. Unha época  na que medran as nosas ilusións, prodúcense os reencontros con amigos e cos familiares ou se comparte ese sentimento para facernos máis felices.

O Nadal é tempo de esperanza e é tempo de ilusión, que nos debe animar e facer avanzar no noso día a día. Por iso, quero trasladar os meus mellores desexos a todos os veciños e a todas as veciñas do Concello de Monforte, para deixar atrás os problemas do presente ano 2022 e para que no ano que ven, o ano 2023, todos os fogares alcancen a prosperidade e o benestar que merecen.

O Nadal supón o final dunha etapa, e tamén significa o comezo dun ano novo. Así que é tempo para que abordemos con enerxía novos propósitos, para poder alcanzar todos eses retos que nos propoñemos. Estou seguro de que, entre todos e todas, seguiremos mellorando o noso Concello.

Eu deséxovos, de todo corazón, un Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2023.

Así que, cos meus mellores desexos e felicitacións, o voso Alcalde.

 

José Tomé Roca

Alcalde de Monforte de Lemos