Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2022. O Concello de Monforte publica o Listado de participantes do Plan Activa en actividades do Centro Cívico, unha vez finalizado o prazo extraordinario de solicitudes.
Deste xeioto, o inicio das actividades do Programa Activa 2022-23 tanto no Centro Cívico como nas Parroquias dará comezo neste mes de novembro, segundo o calendario previsto.
Do mesmo xeito, permanece aberto o prazo para solicitar actividades con plazas vacantes ata completar o máximo de prazas. As persoas interesadas poderán solicitar información e, no seu caso, formalizar a solicitude na Secretaría dos Servicios Sociais do Concello de Monforte, sita no Centro Cívico Social (Paseo do Malecón, s/n).