A 1ª Tenente de Alcalde despide ós participantes da VI Ruta Xacobea Yakart Camino de Santiago, que visitaron por primeira vez Monforte e a Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 14 de xulo de 2022. A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, saudou hoxe ós participantes na VI Ruta Xacobea Yakart Camino de Santiago, “dos que moitos deles están a visitar por primeira vez  Monforte e a Ribeira Sacra”. O encontro serviu para que Gloria Prada lles dese a saída cara a súa seguinte etapa, logo de que chegaran onte á cidade,

Trátase dun evento no que participan 60 autocaravanas e 130 persoas procedentes de toda España e tamén de Portugal, e que están a percorrer Galicia do 10 ó 17 de xullo, e que hoxe fixeron parada en Monforte. Percorrerán máis de 400  quilómetros e pasará por tres das catro provincias galegas, con parada en sete concellos: Pedrafita, Baralla, Lugo, Monforte de lemos, Melide, Cambados e Santiago.

Gloria Prada destacou que esta visita supuxo unha promoción turística moi importante para o Concello de Monforte e para a Ribeira Sacra, , xa que ademais de pernoctar na cidade, visitaron o noso casco histórico, así como os principais monumentos da cidade, e fixeron unha viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra”.

Por este motivo, o evento contou coa colaboración do Concello de Monforte, que cedeu a explanada da Compañía para que as autocaravanas puidesen aparcar. A ruta está organizada por Caravaning Club Yakart, que é unha organización sen ánimo de lucro.

Importante repercusión económica

A maiores da propia ruta, o autocaravanistas estarán por Galicia entre 15 e 30 días, estando algúns xa dende a pasada fin de semana. Segundo os responsables do clube organizador, cada autocaravana realiza un consumo aproximado por día duns 100€, que inclúe o gas-oil, supermercados, bares e restaurantes do lugar no que pasan a noite. Calcúlase que esta ruta deixará en todo Galicia sobre 150.000€  mentres estean de vacacións.

Ademais ,o evento conta cunha enorme repercusión, posto que na  edición do ano pasado contaron coa presenza de televisións tales como a TVG, TVE en España directo, CUATRO en informativos da noite e TELE 5 tamén nos seus informativos; de prensa como os diarios Marca, La Voz de Galicia, El Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Región ou El Progreso entre outros, así como varias emisoras galegas de radio, con entrevistas diarias.