A Xustiza da a razón ó Concello ante a Consellería de Sanidade e o exime da tramitación de denuncias por non levar máscara durante o Coronavirus

Monforte de Lemos, 10 de setembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer unha sentencia na que a xustiza lle da a razón ó Concello no que se refire á xestión de expedientes e sancións por denuncias interpostas por non portar mascara, tanto por la Policía Local, como por la Comisaría de Policía de Monforte de Lemos.

Ditas denuncias foran remitidas por estes corpos policiais á Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Sanidade, e esta, mediante unha resolución de data 29 de outubro de 2020, á súa vez, remitiullas ó Concello de Monforte, requiríndolle que tramitara estes expedientes sancionadores.

“Recibida a resolución da Consellería de Sanidade, dende o Concello interpuxemos recurso contencioso-administrativo, porque entendíamos que non era competencia nosa a xestión destes expedientes”, explica o Alcalde.

Así, a sentencia 162/2022 do 29 de xullo de 2022 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, “dálle a razón o Concello porque non corresponde a esta entidade municipal nin tramitar estes expedientes nin sancionar a aqueles cidadáns que foron denunciados tanto pola Policía Local como Nacional por non levar posta a mascara durante a incidencia do Coronavirus nos períodos en que a lei obrigaba a levala”, salienta o Alcalde

Antecedentes

As denuncias levadas a cabo pola Policía Local do Concello de Monforte como pola Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Monforte foron formuladas fronte a cidadáns por no portar mascaras, ó amparo do artigo 6 RD Ley 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Con data de 29 de outubro de 2020, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo remitiu ó Concello monfortino unha resulución na que “acuerda la remisión de las denuncias presentadas tanto por la policía local como por la Comisaria de la Policía, frente a ciudadanos que no portaban mascarilla, para que tramite el Concello los correspondientes expedientes”, algo que foi cuestionado polo Concello, que procedeu a interpor recurso ante o Contencioso Administrativo.

O Xulgado dálle na súa sentenza a razón ó Concello pois este non ten neste caso a competencia sancionadora, xa que esta ha de estar atribuída legalmente: “La potestad sancionadora de las Administraciones públicas, reconocida por la Constitución, se ejerce cuando haya sido expresamente reconocida por una norma con rango de ley, con aplicación del procedimiento previsto para su ejercicio y de acuerdo con lo establecido en la LRJSP y, cuando se trate de entidades locales, de conformidad con lo dispuesto en la LBRL” indica a sentencia.

E engade que “del anterior régimen jurídico no podemos más que concluir que la competencia sancionadora del Concello, a día de los hechos, se limita a las infracciones previstas en sus ordenanzas municipales y dentro del área de responsabilidad mínima sobre las cuales ejercen competencias de control sanitario”.

A sentenza conclúe que “el ejercicio de la potestad sancionadora corresponde a los órganos administrativos que la tengan expresamente atribuida, por disposición de rango legal o reglamentario”, polo que o xulgado falla a favor do Concello monfortino: “Debo estimar y estimo el recurso contencioso-administrativo interpuesto por el Concello de Monforte de Lemos y declaro nula y no ajustada a Derecho la resolución de la Delegación Provincial de la Consellería de Sanidade de 29-10-2020 por la que le remite, para su tramitación, denuncias presentadas por no portar mascarilla, tanto por la policía local, como por la Comisaría de Policía de Monforte de Lemos”.