O Alcalde asiste ó Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte na igrexa da Nosa Señora da Antiga

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, , asistiu na tarde noite de onte o tradicional Concerto de Corais de Nadal do Concello de Monforte que se celebrou na igrexa da Nosa Señora da Antiga dende as 8 da tarde.

No concerto, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán e Consumo, Regina López.

O recital correu a cargo da Coral Polifónica de Monforte, a Coral Polifónica de Sarria e a Coral de Adultos do Conservatorio de Viveiro, que interpretaron un variado e completo programa musical de pezas tipicamente navideñas, ante numeroso público que ateigou a igrexa da Compañía.

O Alcalde fixo entrega dun agasallo institucional a cada unha das dúas corais que se achegaron ata Monforte para protagonizar este concerto de Nadal, xunto á Coral Polifónica monfortina.