O Alcalde da a coñecer o cartel do Carude Rock xunto cos organizadores do certame

Monforte de Lemos, 31 de xullo de 2023. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, ven de dar a coñecer a que será unha nova edición do festival Carude Rock, que se celebrará no barrio de Carude da cidade do Cabe este venres 4 de agosto a partir das 20:30 horas.

Na presentación, o Alcalde estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís Vázquez “Lito”, Dolores Díaz e Juan Dieguez, ademais da 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

O obxectivo do Carude Rock, un festival que conta co apoio do Concello de Monforte é, en verbas do Alcalde “ser un bo escaparate para os  grupos da nosa bisbarra, e que poidan darse a coñecer ante o público. E ademais, suporá unha importante actividade para o barrio de Carude, que esa noite estou seguro recibirá a centos de visitantes.”

O Concello subvenciona cunha axuda de 4.000 euros ó Festival.

Deste xeito, o Carude Rock contará coas seguintes actuacións, todas elas de balde e que terán por escenario a praza de Carude:

-Extraños

-Poet’s Silence

-El Tren, Tributo a Rosendo

-Ruxe Ruxe