O Concello informa dun corte no subministro da auga por obras de mellora na acometida, este mércores 25 de xaneiro

Monforte de Lemos, 25 de xaneiro de 2023. O Concello de Monforte informa que este mércores 25 de xaneiro levarase a cabo un corte no subministro de auga para desenvolver obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede xeral de abastecemento municipal nas zonas seguintes:

     -Marxe esquerda dende o paso a nivel de Valle-Inclán hacia a Cerámica.

     - Marxe dereita dende o regato da c/ Valle-Inclán hacia a Cerámica.

     - Rúa Filgueira Valverde.

O servizo restablecerase o antes posible.

O Concello, que segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.