Finalizado o XXX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino en Monforte con representacións de excelente calidade

- O pasado 3 de maio representouse a última das 5 obras teatrais que participaron no Certame Municipal de Teatro para centros de ensino organizado polo Concello de Monforte.

 - A entrega de premios producirase o próximo mércores, día 10 de maio, ás 18:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro onde os centros participantes poderán recoller a gravación en DVD da súa actuación.

Monforte de Lemos, 7 de maio de 2023. Este mércores pasado, celebrouse a última das obras previstas dentro do Certame Municipal de Teatro que organizou o Concello de Monforte para os centros de ensino. En total participaron 5 colexios da cidade do Cabe.

As obras escenificadas resultaron un éxito tanto pola asistencia de público, como pola calidade interpretativa dos alumnos e a orixinalidade e detalles dos decorados, para cuia elaboración, resultou fundamental a implicación dos pais e nais dos rapaces. Os asistentes que acudiron ás distintas representacións, saían satisfeitos das actuacións dos rapaces e os centros educativos tamén quedaron moi satisfeitos do traballo realizado pola comunidade educativa e polo traballo realizado polos alumnos .

Os Centros educativos que participaron nesta edición foron os seguintes:

 -          Colexio P. Ferroviario, coa obra “Máxico mundo de Oz”, CEIP A Gándara, coa obra “Acabouse a función”, IES Río Cabe, coa obra “Auga”, CEIP de Monforte, coa obra “O mundo ó revés”e por último, IES A Pinguela, coa obra “Ser máis relaxada”.

 

Colaboración do Concello de Monforte co Certame

O Concello colaborou cos centros de ensino participantes aportando material para a realización da obra por unha cantidade máxima de 100 euros.

Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas aos centros participantes, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 10 de maio ás 18:00 h.

O Alcalde de Monforte quere felicitar á comunidade educativa polo esforzo que están a facer fomentando nos mais pequenos o gusto polo teatro e a cultura en xeral. “Nestas idades – tal e como apostillou José Tomé- todas as experiencias culturais que poidan desfrutar deixarán unha pegada que dará os seus froito cando sexan adultos, é fundamental, polo tanto, apoiar estas iniciativas dirixidas aos monfortinos mais novos”.