O Concello informa que o vindeiro mércores 26 de xullo levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde

Monforte de Lemos, 24 de xullo de 2023. O Concello de Monforte informa que este próximo mércores 26 de xullo levará a cabo obras de mellora na rede de abastecemento de auga na rúa Roberto Baamonde, concretamente na acometida de abastecemento municipal ubicada á altura do nº 1.

A tal efecto, estas obras de mellora suporán que se leven a cabo cortes dende as 9:00 horas no subministro de auga que afectarán á propia rúa Roberto Baamonde, dende a rotonda de Correos ata o cruce coa Avenida de Galicia, e na marxe dereita da Avenida de Galicia á altura da parada de taxis.

Os cortes no abastecemento, manterase ó longo da mañá, mentres dure o desenvolvemento das obras.