Este mércores, espectáculo teatral “Filipa cos contos” para público familiar na Casa da Cultura

Monforte de Lemos, 02 de xaneiro de 2023. O Concello de Monforte de Lemos, dentro da programación do Nadal 2022-23, programa un espectáculo teatral para público familiar titulado Filipa cos contos con Fran Campos.

Este espectáculo terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro este mércores 4 de xaneiro ás 18:00 h.

Filipa cos contos é unha sesión de contos tradicionais, populares e inventados. Con música e cancións en directo para contar e cantar.

Conta con dous narradores: o actor e contador, Fran Campos, e un monicreque que manexa o propio actor: Filipa. Entre os dous vanse repartindo as historias, relacionándose entre eles e ó mesmo tempo co público.

Este espectáculo foi creado pola Compañía Bandullo Azul

A representación teatral está deseñada para público familiar, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.