O Alcalde inaugura o “Mercado para a Medieval” na Praza de Abastos de Monforte e presenta o Programa da Feira Medieval 2023.

-Previo ó acto inaugural, ás 11 h da mañá, José Tomé Roca,  deu a coñecer o programa oficial de actividades da 19ª edición da Feira Medieval, que se celebrará os días 8 e 9 de abril de 2023 e que tal e como destacou  o Alcalde “constitúe unha das citas de ocio mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”.

-Dentro das Novidades desta nova edición da Feira Medieval o rexedor destacou “un incremento dos espectáculos na rúa, coa incorporación doutra banda local, a incorporación dun novo espectáculo itinerante “As Lendas”, o traslado do Concurso de traxes medievais para o domingo día 9 ás 17:00h e unha nova decoración da Ponte Vella e da Praza de S. Antonio. Pero quizais o mais destacado desta nova edición é que se aumenta a decoración á Rúa de Pescaderías e Praza da Alcazaba e tamén á Rúa a Calexa e Abelardo Baanante.”

-O Mercado para a Medieval que constitúe o preludio da Feira conta con 16 stands que ofrecen todo tipo de produtos e servizos para preparar axeitadamente a participación da Feira Medieval, como traxes, complementos, artesanía, ideas decorativas, maquillaxe, gastronomía, etc.

-O sábado 25 o “Mercado para a Medieval” abre de 11 a 14 horas, e de 17 a 21 horas e ten como acto central o Desfile Medieval que terá lugar ás 18:30 h. O domingo 26,  o horario tamén será de mañá e tarde, unha novidade nesta edición, e abrirá de 11 a 14 horas  e de 17 a 19 h da tarde.

-Ademais da oferta comercial, para os máis pequenos, celebraránse obradoiros infantís, o domingo 26 de marzo ás 12:30 h “Velaisca Animación” e ás 17:30 da tarde “O Carballo con botas”.

Monforte de Lemos, 25 de marzo de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou esta mañá ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de  Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promocionar a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”. Este ano 2023, a Feira Medieval alcanza a súa 19ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 8 e 9 de abril.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofreceu ás 11 horas unha rolda de prensa aos medios de comunicación para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.

Mercado para a Feira Medieval 2023

O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira.

Deste xeito, o Mercado contará coa presencia de 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes, artesanía, bixutería, cosmética natural, talla en madeira e noutros materiais, decoración de mesas de terraza para hostalería e hotelería así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.

Ademais, os paneis expositivos situados no Mercado propoñerán diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos: decoración de terrazas con alpacas e madeira, mesas de comedor con diferente formato, decoración con diferentes louzas, etc.

Este ano participan de novo, diversas pastelerías e panaderías de Monforte cunha exposición de doces, pasteis, bizcochos e tartas inspirados no Medievo.

Como en pasadas edicións, celebrarase o concurso “A polo mellor doce... onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votación da que resultará elixido un gañador.

O sábado día 25 organizarase o Desfile Medieval, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre ata completar o aforo do recinto e o domingo ademais da oferta comercial, para os máis pequenos, celebraránse obradoiros infantís ás 12:30 h “Velaisca Animación” e ás 17:30 da tarde “O Carballo con botas”.

O horario do Mercado para a Medieval 2023 será o seguinte:

Sábado día 25 de marzo de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h a 21:00h.

Domingo día 26 de marzo de 11:00h. a 14:00h e de 17:00h a 19:00h.

O rexedor quixo resaltar o gran aumento de solicitude que se produxo esta ano formalizándose 148 solicitudes de postos de venda e gastronomía para a súa participación na Feira dos que foron admitidos 130, 27 postos mais que o ano 2022. Dos postos admitidos, 43 son postos de venda de produtos alimentarios e paradas gastronómicas, 57 artesáns/ás con carta de artesanía ou acreditación correspondente, e 30 postos de comercio. A todos eles lles quixo agradecer a súa participación e implicación coa Feira.

“Os postos de alimentación –tal e como explicou Tomé- estarán distribuídos entre a venda de produtos gastronómicos que irán ubicados no interior do espazo dos mercados, o que se chama Zoco Gastronómico, e o resto das paradas gastronómicas distribuiranse ó longo de todo o traxecto, sendo o zoco central destas paradas o atrio da igrexa da Régoa.

-Este ano – continou o rexedor- colocaránse novos postos e zonas de parada gastronómica coas decoracións correspondentes da Feira medieval, entre as que destacamos a Rúa Pescaderías con un 2º foco gastronómico que inclúe postos de polvo, comida árabe, zonas de té e áreas de descanso, abríndose tamén ao recorrido, a Rúa Abelardo Baanante e colocaranse mais postos hacia o Campo de San Antonio.

Programa da Feira Medieval 2023

Previo á inauguración do Mercado para a Medieval, José Tomé Roca,  deu a coñecer o programa oficial de actividades da 19ª edición da Feira Medieval, que se celebrará os días 8 e 9 de abril de 2023 e que tal e como destacou  o Alcalde “segue traendo a miles de visitantes a mergullarse no noso pasado medieval e facer da nosa Feira o epicentro de Galicia nesa fin de semana ”.

O rexedor destacou que acadar que a Feira Medieval se convertera no referente que é na actualidade, débese á implicación deste Equipo de Goberno que se implicou de cheo na organización do mesmo tal e como demostra o incremento do orzamento destinado para a súa organización e que este ano, ronda os 94.000 €. Esto, supón polo tanto, un 128,55% mais de orzamento que no 2015, antes da chegada ó Concello do Equipo de goberno actual.

A continuación o rexedor detallou as diferentes actividades que darán vida á Feira Medieval durante os días 8 e 9 de abril.  Tal  e como se fixo no 2022, ás 12 horas da mañá do sábado, uns pregoeiros desenvolverán un espectáculo no que informarán aos presentes do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, dándolle paso ó saúda do Alcalde para declarar aberta a XIX Feira Medieval de 2023 de Monforte.

Do mesmo xeito, tras o saúda do Alcalde, e por quinta vez consecutiva, haberá unha salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, para dar inicio oficial á Feira.

Dentro das actividades centrais, José Tomé, destacou O campamento Medieval da Praza de España, un dos eixos centrais da feira, a Programación infantil que terá lugar no Campamento infantil Medieval xunto ó Convento das Nais Clarisas, o Espectáculo de aves de rapiña e cetrería, as Xustas medievais, o gran Torneo Medieval, os espectáculos de lume, o espectáculo ideado para a Praza Luis de Góngora, o Desfile do Gran Dragón  e o espectáculo Fire Performance. Tamén foxo mención a que se mantén o número de fachos do ano pasado que se incrementaron no doble e que serán repartidos no Campo da Virxe e o número de farolillos de papel que no 2022 se aumentaron a 500 unidades e que serán entregados na Luis de Góngora o sábado pola noite para a súa posterior solta.

Como novidades desta nova edición da Feira Medieval o rexedor destacou “un incremento dos espectáculos na rúa, coa incorporación doutra banda local, a incorporación dun novo espectáculo itinerante “As Lendas”, o traslado do Concurso de traxes medievais para o domingo día 9 ás 17:00h e unha nova decoración da Ponte Vella e da Praza de S. Antonio. Pero quizais o mais destacado desta nova edición é que se aumenta a decoración á Rúa de Pescaderías e Praza da Alcazaba e tamén á Rúa a Calexa e Abelardo Baanante.”

O Alcalde quixo agradecer a colaboración coa organización da Feira Medieval da Asociación de Artesáns de Monforte  e invitou aos establecementos da cidade tanto do comercio como de hostelería a decorar os seus establecementos con motivos medievais par contribuir na difusión e promoción da Feira Medieval”