O Concello de Monforte abriu o prazo de inscrición para a 23ª edición de Artelemos, que se celebrará do 4 ao 9 de agosto

-O prazo para inscribirse nesta mostra de artesanía estará aberto ata o 27 de xuño. Artelemos celebrarase durante seis días, un día mais do que era habitual en anteriores edicións.

- O alcalde aposta por engadir un día mais de duración á mostra “Artelemos” porque considera que “a tradición e os produtos feitos a man son un valor á alza e a artesanía é un valioso activo da industria rural. As Institucións- proseguiu o rexedor- deben facer un esforzo para axudar a recuperar e manter viva a rede de artesáns que existe na actualidade e este é o obxectivo que persegue o Equipo de Goberno con esta iniciativa que este ano celebra a súa 23ª edición”

-“Dende o Concello, queremos apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns, que coa súa labor do feito a man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á nosa cultura e tradición dentro da promoción turística de Monforte e da Ribeira Sacra”, subliña José Tomé Roca, Alcalde de Monforte.

Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2023. O Concello de Monforte abriu onte mércores 7 de xuño o prazo de inscrición para participar na 23ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 27 para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes.

Este ano 2023 o Concello engade un día mais de celebración da mostra, que permanecerá aberta durante seis días consecutivos nas primeiras datas de agosto, concretamente dende o día 4 ata o 9, na rúa Cardenal, como ben sendo habitual.

“Nesta mostra”, salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “poderemos atopar gran variedade de disciplinas artesanais. Participarán na mesma un número total de 30 artesán/áns podendo ofrecer unha variada gama de produtos que van dende orfebrería, cestería, coiro, lá, cerámica, olería de Gundivós... ademais os visitantes que se acheguen a desfrutar desta nova edición de Artelemos, poderán ver en vivo a elaboración de pezas que os propios artesáns realizarán asi como a participación de obradoiros para nenos/as.”

O horario durante os seis días da Mostra Artelemos será de 10:00 a 14:00 e 18:00 a 22:00 horas e poderán participar aqueles/as artesás/áns coa carta de artesanía emitida, e/ou taller dado de alta como artesán/á, tendo estes últimos prioridade, así como aqueles de Monforte e a comarca Terra de Lemos, e inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Dende o Concello queren animar aos artesáns a participar na Mostra de Artesanía Artelemos porque supón un escaparate único para poder mostrar os seus produtos e explicar directamente aos visitantes da Mostra a súa elaboración. Deste modo pódese apreciar con mais claridade o a complicación e traballo dos produtos artesáns axudando a darlles o verdadeiro valor que teñen.

BASES 2023

Solicitude Artelemos 2023