O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez”

-A inscrición é para o curso académico 2023/2024 nos distintos cursos e especialidades que oferta o Conservatorio. Para as probas de acceso ao 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) o prazo é dende o 19 de maio ó 23 de xuño.

- O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) é do día 19 ó 24 de maio, mentres que O prazo para inscribirse na proba de acceso a outros cursos das ensinanzas elementais ou profesionais, será do día 19 de maio ó 23 de xuño.

-Por outra banda, o Conservatorio organiza o Festival fin de curso e o día do conservatorio na rúa, que terá lugar o día venres 2 de xuño, na Praza de España ás 19:00h.

-Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2023/2024, nos distintos cursos e especialidades ofertados, está aberto dende hoxe, venres, 19 de maio.

Prazos para a presentación de solicitudes

O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos) é dende o 19 de maio ó 23 de xuño.

A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica, da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta e no prazo establecido ao correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

A proba de aptitude musical terá lugar o día 26 de xuño ás 17:00 horas.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) é do día 19 ó 24 de maio.

A inscrición poderase facer presencialmente na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso e o impreso de autoliquidación na Sede Electrónica da páxina web do Concello de Monforte,  enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas no prazo establecido ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

Esta proba de pase de grao terá lugar o día 25 de maio ás 16 horas.

Finalmente, a inscrición na proba de acceso a outros curso das ensinanzas elementais ou profesionais, realizarase do 19 de maio ao 23 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente na Secretaría do Centro ou descargando a solicitude proba de acceso e o impreso de autoliquidación na sede electrónica, da páxina web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta co extracto do recibo pagado das taxas no prazo establecido ó correo do centro:  conservatorio@concellodemonforte.com.

Esta proba terá lugar o día 27 de maio ás 16 horas.

O prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2023/24, será do día 19 de maio ao 06 de xuño.

O prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso, será do 27 ao 30 de xuño.

Especialidades ofertadas curso 2022/2023

  • Piano                       
  • Guitarra                           
  • Trompa
  • Clarinete     
  • Violín                                            
  • Trompeta
  • Saxofón                    
  • Percusión                       
  • Trombón

Para mais información, os interesados e interesadas poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982 403 893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

Actos previstos de Fin de Curso

Por outra banda, o Conservatorio organiza o acto para pechar o curso académico, o Festival fin de curso e Xornada do conservatorio na rúa, que terá lugar o venres 2 de xuño, na Praza de España ás 19:00h e nel participarán todos os alumnos/ as e profesorado do centro.

As actuacións realizaránse de forma individual, en distintos grupos de conxunto, coros e Orquestra. Invítase a todos os veciños a este evento, o cal poderáse presenciar de maneira acomodada, posto que se disporá de sillas.

Este Festival está dirixido a todo o público en xeral, gratuíto e ó aire libre.

O Alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a desfrutar do festival e a compartir cos alumnos e alumnas do conservatorio unha xornada tan importante para eles que marca a finalización dun curso do que de seguro sacaron proveito.