Monforte de Lemos, 4 de maio de 2023. O Concello de Monforte de Lemos celebrou un ano máis o tradicional concurso dos Maios. O número de participantes este ano foi de 6 concursantes e, a pesar de que choveu un pouco por mor da tormenta, os maios, que tiñan unha gran calidade e traballo, luciron na Praza de España onte ás 17:30h.
En canto aos participantes de coplas, esta ano reduciuse a un concursante, o Colexio CEIP A GÁNDARA que deleitou aos asistentes coa interpretación cantada e tocada polos alumnos, dunha copla coa que se reivindicaban, como ben demostraron na súa actuación, como os que mellor afinan das terras de Lemos, Chantada, O Courel e de Sarria tamén.
No concurso, levaron premio tódolos participantes recibindo unha contía de 75 € xa que as propostas presentadas eran de gran calidade e traballo, e polo tanto, merecedores de premio. Valorouse a orixinalidade e a imaxinación pero tamén a estética e a calidade dos materiais utilizados. Con esta nova edición un ano mais celébrase o comezo da primavera coa exaltación da natureza que vestiu as rúas de Monforte de cor e adornos florais.
A Concelleira de Cultura, ensino e xuventude, Marina Doutón, quixo destacar os maios deste ano, polos seus acabados e a súa beleza, como xesto de recoñecemento ao seu traballo, e animou a tódolos monfortinos a seguir participando desta tradición que debemos preservar entre todos.
Os aboamentos dos premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
LISTADO DE PARTICIPANTES
CEIP A GÁNDARA
ASOCIACIÓN ALBORES SAÚDE MENTAL
ASOCIACIÓN AGORA
COLEXIO PR. FERROVIARIO con “O mouchiño”
CENTRO DE DÍA DE MONFORTE DE LEMOS
ESTRELLA RAJO NÚÑEZ
PARTICIPANTES DE COPLAS 2023
CEIP A GÁNDARA