O Concello de Monforte, conmemora o día das Letras Galegas, cunha programación propia

O Concello de Monforte de Lemos, celebrou a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2023, que está adicado ao tradutor, novelista, historiador, periodista e editor,  Francisco Fernández del Riego.

Dentro da programación destinada a celebrar esta data tan significativa para a nosa comunidade, a Concellería de Cultura planificou varias actividades dirixidas a públicos diversos.

A actividade principal consistiu na celebración dun festival de música que tivo lugar onte, mércores 17 de maio, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12:00 h.

Este festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, contou coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Coral Polifónica do Concello de Monforte.
  • Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte.

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada Fernández, a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé,  asistiron ao acto de homenaxe do que tamén desfrutaron outros membros da Corporación como Katy Varela e Emilio Sánchez.

O Festival comezou á hora prevista e tivo unha duración aproximada dunha hora previa presentación do acto da man da Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que tras lembrar os principais datos biográficos do homenaxeado, incluído que estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios, na Cidade de Monforte, rescatou unhas verbas do escritor que nos axudan a descubrir o seu interés por interiorizar a esencia da nosa terra:

“Percorrín moitos camiños, de ondeante liña, que atravesan a xeografía galega. Fíxeno, non como simple turista, si co espírito do Peregrino, para tentar redescubrir a paisaxe, a arte, a tradición”.

A Concelleira invitou a todos os presentes a redescubrir a nosa cultura tal e como fixo D. Paco, nome que utilizaban os amigos e coñecidos para referirse a Francisco Fernández del Riego.

Unha vez finalizada a súa intervención, os presentes puideron desfrutar da actuación do Grupo de Gaitas da Escola de Música e da Coral Polifónica do Concello de Monforte que da man do seu director D. Fernando Sanmartino, director do conservatorio e da banda municipais, ofreceron un concerto de gran calidade interpretativa que o público premiou con unha ovación ao finalizar o festival.

A segunda actividade programada, consiste nun certame de narración e debuxo infantil convocado pola Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro.

O certame convocouse para tres categorías de participantes nas dúas modalidades, narración e debuxo, en función das idades dos distintos candidatos a sair premiados. Os finalistas do certame, que se coñecerán en datas próximas, pasan directamente á fase provincial que se desenrolará a finais de maio e de onde sairán os premiados provinciais definitivos.