O Concello informa que o venres, día 2 de xuño, permanecerá pechada a oficina de atención ao cliente de Aqualia

Monforte de Lemos, 1 de junio de 2023. O Concello de Monforte, informa de que este venres, día 2, a oficina de atención ao cliente de Aqualia permanecerá pechada por motivo da celebración da Patrona da Auga, Nosa Sra. Da Luz.

A concesionaria do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello de Monforte de Lemos, quere informar que para xestións, consultas ou avisos, o abonado seguirá tendo á súa disposición o teléfono de Atención ó Cliente: 900 813 357, o de Averías: 900 813 047 (as 24 h do día os 365 días do ano) e o de entrega de lecturas: 900 813 048, ademais da oficina virtual, na páxina web: www.aqualia.es