Hoxe martes, espectáculo familiar na Casa da Cultura con Elfos en prácticas, da compañía Trémola Teatro

Monforte de Lemos, 26 de decembro de 2023. A programación de Nadal do Concello de Monforte continúa esta tarde cunha nova peza teatral para todos os públicos.

Deste xeito, este martes 26 de decembro ás 6 da tarde (18 h) na Casa da Cultura terá lugar a posta en escena da obra Elfos en prácticas de Trémola Teatro.

É unha obra dirixida a público infantil e familiar, con entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.

Trémola Teatro é unha compañía creada a finais do 2017. As súas fundadoras, profesionais das artes escénicas, coñecéronse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) mentres realizaban estudos de interpretación.

Sinopse

Sugarplum Mary, mais coñecida como María Nadal e Kitty son Elfos en prácticas. María soña con ser a asistente da muller de Papá Noel, mentres Kitty... Kitty o único que quere e que non a despidan. Será capaz María coa vosa axuda, de converter a Kitty nun auténtico Elfo de Papá Noel?