Ao peche das inscricións para participar na XIII Carreira Popular Concello de Monforte que se celebrará o vindeiro domingo 2 de abril, son un total de 1.132 persoas as que están inscritas para participar nalgunha das carreiras que forman parte do evento, o que garante un gran ambiente atlético durante a mañá do domingo.
O número de inscritos/as para cada unha das carreiras é o seguinte:
- Categoría mini: 78
- Categorías prebenxamín: 222
- Categoría benxamín: 130
- Categoría alevín: 123
- Categoría infantil e cadete: 93
- Categoría absoluta: 486
Son os máis cativos os que comezarán a competir ás 11:00 h. na categoría mini sobre una distancia total de 80 metros e a continuación darán paso á categoría prebenxamín, ás 11:10 h, benxamín ás 11:20 h, alevín ás 11:30 h, e infantil – cadete ás 11:40 h.
Ás 12:00 h. está prevista a saída da carreira absoluta sobre un percorrido de 10.000 metros no que tomarán a saída 486 atletas.
Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento. A única categoría na que non haberá clasificación e na MINI onde todos e todas os e as participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.
Todos/as os/as atletas que finalicen cada unha das carreiras nas que participen recibirán un agasallo conmemorativo do evento así como avituallamento sólido e líquido.
PERCORRIDOS:
As probas de categorías menores terán lugar no entorno das rúas Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure con meta no interior da Praza da Compañía, a excepción da carreira de categoría mini que ten a meta á altura dos quioscos situados na rúa Compañía.
A carreira absoluta ten un percorrido totalmente urbano que transcorre polas principais e máis céntricas rúas do Concello: Saída da Praza Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal - Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.
A organización deste evento implica a alteración do trafico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión de tódolos veciños e veciñas. O tráfico verase afectado do seguinte xeito:
- Entre as 10:15 e as 13:45 h. estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:
- R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha
- Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba
- Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro.
- Entre as 11:45 e as 13:45 h. estarán cortadas as seguintes rúas:
- Aparcamento do Parque dos Condes
- R/ Compañía
- R/ Paseo de Lugo
- R/ Aceña Nova
- R/ Carud
- R/ Paredes
- R/ San Lázaro
- R/ Duquesa de Alba
- R/ Reboredo
- R/ Dalmiro de la Válgoma
- Escultor Frco. Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
- R/ Sarria
- Avda. de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense
- Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación por R/ Otero Pedrayo.
- R/ Conde, tramo dende Oficina de Correos ata Praza do Conde.
- R/ Cardenal Rodrígo de Castro
- R/ Hortas
- Praza Dr. Goyanes
- R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata cruce con Paseo do Malecón
- Paseo do Malecón
- Ponte vella
- R/ Sta. Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal
- R/ A. Méndez casal
- Praza Campo de San Antonio
- Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada
- Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo Seguros)
ENTREGA DE DORSAIS:
A entrega de dorsais realízase por adiantado e non se entregarán dorsais o día da carreira. Para elo o Concello de Monforte habilitará un punto de entrega de dorsais na Oficina Municipal de Deportes nas “Oficinas Municipais das Casitas” na R/ Compañía, co seguinte horario:
- Venres 31 de marzo de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
- Sábado 1 de abril de 9:00 a 14:00 h.
Dende o Concello de Monforte animamos a todo/as os/as veciños/as a presenciar as carreiras e a animar aos seus participantes.